Ciclo COMversaCIÓNS. Medios sociais e intelixencia artificial. Novos retos para xestión de comunicación.

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

Conversas sobre COMUNICACIÓN

Medios sociais e intelixencia artificial. Novos retos para xestión de comunicación.

 

COMversacións é un ciclo de charlas arredor da Comunicación e os novos contextos sociais nos que estamos. É, polo tanto, unha oportunidade para debater sobre os cambios que afectan á sociedade e ás organizacións dende o punto de vista da comunicación. Dende un espírito crítico, poñemos o foco nos principais temas e retos que afectan á Comunicación.

 

No segundo dos encontros, que se celebrará o 4 de abril, a Cátedra Vegalsa Eroski debulla a relación entre Medios Sociais e Intelixencia Artificial. Para falar e reflexionar sobre isto contamos coa participación de tres profesionais de gran prestixio. Cristina Aced, da UPF Barcelona School of Management; Tesa Díaz, Presidenta de DIRCOM Galicia e Susana Ladra, Coordinadora do Campus Innova.

 

Tres mulleres protagonistas e líderes, coas que compartir conversa.

 

Información:

  • Celebración: 4 de abril de 2022
  • Período de preinscrición: do 17 de marzo ao 4 de abril de 2022*

*Requírese inscrición previa

  • Horario:13:00 horas.
  • Lugar: Facultade de Ciencias de la Comunicación de la UDC (Campus de Elviña).

Datas

Data de celebración: Do 04/04/2022 ó 04/04/2022
Data de inscrición: Do 17/03/2022 ó 04/04/2022

Web oficial

https://www.fundacion.udc.es/vegalsa-eroski/index.asp?id=78&idioma=GA

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Ciclo COMversaCIÓNS. Medios sociais e intelixencia artificial. Novos retos para xestión de comunicación.

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 04/04/2022 ó 04/04/2022
Horario: 13:00 horas
Lugar: Fac. Comunicación (Campus Elviña-UDC)