Ciclo COMversaCIÓNS. Un mundo máis sustentable. Comunicación, Sustentabilidade e Confianza.

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

Conversas sobre COMUNICACIÓN

Un mundo máis sustentable. Comunicación, Sustentabilidade e Confianza.

 

COMversacións é un ciclo de charlas arredor da Comunicación e os novos contextos sociais nos que estamos. É, polo tanto, unha oportunidade para debater sobre os cambios que afectan á sociedade e ás organizacións dende o punto de vista da comunicación. Dende un espírito crítico, poñemos o foco nos principais temas e retos que afectan á Comunicación.

 

No primeiro dos encontros, que se celebrará o 7 de marzo, a Cátedra Vegalsa Eroski debulla a relación entre Comunicación, Sustentabilidade e Confianza. A Sustentabilidade preséntase como un valor necesario de presente e de futuro tanto para a sociedade como para as organizacións. Require de certo cambio de mentalidade, polo que a Comunicación comparece como unha peza fundamental. E está moi relacionada coa Confianza, porque comunicación e confianza deben ir aliñadas. Para falar e reflexionar sobre isto contamos coa participación de tres profesionais de gran prestixio. Jessica Rey, de Comunicación e Marketing de Casa Grande de Xanceda; María Sande, Xefa de Comunicación Noroeste Iberia Coca-Cola e Marta Rey, profesora da Facultade de Económicas e investigadora no ámbito da sustentabilidade. 

 

Tres mulleres protagonistas e líderes, coas que compartir conversa na véspera do Día Internacional da Muller. 

 

Información:

  • Celebración: 7 de marzo de 2022
  • Período de preinscrición: do 18 de febreiro ao 6 de marzo de 2022*

*Requírese inscrición previa

  • Horario:13:00 horas.
  • Lugar: Facultade de Ciencias de la Comunicación de la UDC (Campus de Elviña).

Datas

Data de celebración: Do 07/03/2022 ó 07/03/2022
Data de inscrición: Do 18/02/2022 ó 07/03/2022

Web oficial

https://www.fundacion.udc.es/vegalsa-eroski/index.asp?id=78&idioma=GA

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Ciclo COMversaCIÓNS. Un mundo máis sustentable. Comunicación, Sustentabilidade e Confianza.

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 07/03/2022 ó 07/03/2022
Horario: 13:00 horas
Lugar: Fac. Comunicación (Campus Elviña-UDC)