6TH internacional symposium formal methods in architecture (FMA)

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

A serie Métodos formais en arquitectura (FMA) deu comezo en 2011 e é un simposio internacional bienal. O 6FMA celebraráse na ETSAC-Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, Universidade da Coruña (UDC), en Galicia (España). O 6FMA centraráse en campos científicos cuxas áreas de aplicación utilicen metodoloxías derivadas das Ciencias Matemáticas e Informáticas, especialmente aquelas que foron testemuñas de desenvolvementos recentes.

 

O obxectivo principal deste simposio é contribuir ao debate nos campos da Arquitectura e o Urbanismo sobre a aplicación de novos métodos formais aos problemas técnicos e sociais emerxentes. Os métodos formais céntranse nos avances tecnolóxicos baseados en novos desenvolvementos procedentes do traballo colaborativo coas Matemáticas e as Ciencias da Computación que posibilita varios graos de abstracción e formalización. Desde a xeometría milenaria ata as gramáticas de formas actuais, pódense presentar varios enfoques formais da Arquitectura e o Urbanismo. O obxectivo do simposio é discutir, difundir e fomentar o uso de métodos formais na creación de novas linguaxes explícitas para resolución de problemas en Arquitectura e Urbanismo. Discutiremos os problemas actuais no campo e os potenciais e os inconvenientes do uso de métodos formais para abordalos. Estos problemas van desde a producción, a sustentabilidade, a representación, a comunicación, o patrimonio entre outros, sen deixar de ver a Arquitectura e o Urbanismo como actividades tanto tecnolóxicas como artísticas.

 

INFORMACIÓN DE INTERESE:

Celebración: do 24 ao 27 de maio de 2022.

Horario:  10:00h  as 18:00 h

Lugar: Escola Técnica Superior de Arquitectura, Campus da Zapateira. A Coruña (15008)

Preinscrición e matrícula*:

  • Período preinscrición: do 1 de xaneiro ao 7 de maio de 2022 (mpliado o período de preinscrición). 
  • Matrícula reducida: do 1 de xaneiro ao 28 de febreiro de 2022. 
  • Matrícula xeral: 
    • Autores: do 1 de marzo ao 7 de maio de 2022 (ampliado o período de preinscrición).
    • Outros asistentes: do 1 de marzo ao 23 de maio de 2022.

*Aforo limitado, inscrición previa obrigatoria.

Tarifas**:

**Os vínculos de pagamento están dispoñibles ao clicar na opción que elixas na seguinte táboa.

Tipo

Reducida (ata o 28 de febreiro)

Xeral

Autores xerais

325€

375€

Estudantes autores de doutoramento

150€

200€

Asistentes de grao e estudantes de máster

50€

75€

Asistencia de estudantes de grao e máster UDC/ESAP

10€

20€

Asistencia profesores/investigadores UDC/ESAP; Membros do Colexio de Arquitectos de Galicia e Ordem dos Arquitectos

75€

100€

Asistencia público xeral

100€

125€

Asistentes de obradoiros

60€

80€

 

Número de inscritos: Minimun: 25, maximun 125.

Requisitos de acceso:

O simposio está aberto a: académicos, estudantes ou profesionais de Arquitectura, Edificación e Enxeñaría Civil; Enxeñaría Informática; Licenciatura en Deseño. Persoas con formación en Métodos Formales, BIM ou GIS.

Obradoiros de traballo:

1.Análise espacial de espazos abertos públicos. Ampliación e integración de UCL Depthmap nun fluxo de traballo basado en Python

Joao Ventura Lopes  (ISTAR-IUL, ISCTE-IUL)

2. Análise de sintaxe espacial 3D

Franklim Morais (ESAP)

Catarina Ruivo (Dinamia’CET-ISCTE)

3. BIO.CODES

Paulo Carvalho (SELVAGEN)

4. Topolóxico

Wassim Jabi (Cardiff University)

Eventos paralelos:

Hai unha serie de actividades programadas (culturais, sociais, e viaxes) que se confirmarán nas datas anteriores, segundo a situación sanitaria actual.

 

Preme aquí para máis información

Documentación a achegar

Documentación a aportar no momento da preinscrición:

Os estudantes de doutoramento, profesores e arquitectos matriculados deberán enviar un comprobante desta condición.

Datas

Data de celebración: Do 24/05/2022 ó 27/05/2022
Data de inscrición: Do 20/01/2022 ó 13/05/2022

Web oficial

http://fma2022.archformalmethods.eu/

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: +34881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

6TH internacional symposium formal methods in architecture (FMA)

  Datos
Data: Do 24/05/2022 ó 27/05/2022
Horario: 10:00h to 18:00 h, From May 24th to May 27th 2022
Lugar: ETS Arquitectura, Campus da Zapeteira (A Coruña)