Prazo de inscrición pechado.
Prazo de matrícula pechado.
XIII Xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano:
A boa administración do procedemento administrativo
Edición dun programa formativo destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran coñecer o Dereito Administrativo Iberoamericano.
O curso está especialmente configurado para alumnos iberoamericanos vinculados á rama das ciencias xurídicas e sociais.
As XIII Xornadas teñen como eixe temático " A boa administración do procedemento administrativo" incluiremos as cuestións de maior actualidade, interese e controversia nos distintos ordenamentos iberoamericanos en relación con distintos procedementos administrativos, coa finalidade da súa posta en común e de xerar expectativas para un futuro esperanzador no estudo e a aplicación do Dereito Público e a Boa Administración.
DATOS DE INTERÉS
Ordinaria: 500 euros*
*Inclue desprazamento en autobús + visita a Santiago de Compostela.
Reducida: 350 euros**
**Esta matrícula especial recolle só a asistencia ás xornadas.
MATRÍCULA
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das tasas de matrícula.
O enlace de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a indicación do director. Sendo os criterios específicos os seguintes:
COMUNICACIÓNS
As personas asistentes poderán presentar comunicacións entre o 15 de novembro de 2021 e o 15 de marzo de 2022.
As comunicacións, terán unha extensión máxima de 10 páxinas (tipo de letra Arial, 12 puntos, con interlineado sinxelo), serán remitidas á Secretaría Técnica a través do correo electrónico: alberta.lorenzo.aspres@udc.es.
A secretaría técnica acusará recibo dos orixinais enviados polas autoras e os autores.
O Comité Científico seleccionará as comunicaciones que presentaránse oralmente, poidendo rexeitar un traballo sen necesidade de proceder a súa avaliación, cando considere que non se adapta ás normas, tanto formais como de contido, ou non se adecúa ao perfil ao perfil temático das Xornadas.
Tras esta análise previo, todos os textos recibidos serán sometidos a un proceso de revisión no que participarán, ao menos, dos membros do Comité Científico, recurrindo a un terceiro no caso de que fose necesario.
En todo momento, manterase o anonimato tanto das persoas encrgadas da autoría de traballo como da revisión do mesmo.
Finalmente, informaráse ás autoras e aos autores a aceptación ou rexeitamento definitivo da súa comunicación.
Información de contacto:
Jaime Rodríguez-Arana Muñoz
Presidente del Foro Iberoamericano de Derecho Administrativo
Catredrático de Derecho Administrativo de la UDC
E-mail: jaime.rodriguez-arana.munoz@udc.es
Maria del Carmen Rodríguez Martín-Retortillo
E-mail: maria.rodriguez.martin-retortillo@udc.es
Jennifer sánchez González
E-mail: j.sanchezg@udc.es
Alberta Lorenzo Aspres
E-mail: alberta.lorenzo.aspres@udc.es
Isabel Varela
Teléfono: 881014458
E-mail: i.varelac@fuac.udc.es
Data de celebración: Do 04/04/2022 ó 08/04/2022
Data de inscrición: Do 18/11/2021 ó 06/04/2022
Data de matrícula: Do 18/11/2021 ó 06/04/2022
Tarifa oficial: 500,00 €
Tarifa bonificada: 350,00 €
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es
XIII Xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano. A boa administración do procedemento administrativo