Español para profesionais do turismo

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Curso en modalidade non presencial (en liña) de EFP (Español para Fins Profesionais) dirixido a profesionais ou futuros profesionais de orixe estranxeira que desexen incrementar o seu dominio do español para utilizalo en países hispanofalantes, e desenvolvérense nunha contorna laboral con certa competencia comunicativa de español orientada cara ao mundo do turismo e hostalaría; xa sexa porque desenvolven o seu labor profesional no sector do turismo ou porque estudan unha especialidade universitaria relacionada co mercado turístico. O curso pretende que o alumnado desenvolva habilidades neste ámbito específico e que adquira unha maior competencia comunicativa na lingua española. A través do uso de modelos prácticos da área temática, o alumnado poderá aplicar a linguaxe específica adquirida no seu ámbito profesional.

► Para a realización do curso será necesario estar en posesión dun nivel B1.

DURACIÓN: 30 horas

Documentación a achegar

O público externo debe achegar o seu DNI / NIE

Non se admite domiciliación bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 19/10/2021 ó 09/12/2021
Data de inscrición: Do 06/09/2021 ó 14/10/2021
Data de matrícula: Do 06/09/2021 ó 14/10/2021

Importes

Tarifa oficial: 160,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881 01 4751 / 4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es

Comparte esta información

Español para profesionais do turismo

  Datos
Data: Do 19/10/2021 ó 09/12/2021
Horario: martes e xoves 16.00-18.00 h.
Lugar: En liña
Matrícula: 160,00 €