Mestrado en Enxeñería de Estruturas e Materiais Aeroespaciais

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

A industria aeroespacial está experimentando un crecente desenvolvemento en Galicia pola expansión das empresas existentes, as iniciativas de clusters empresariais e as actuacións da administración autonómica en favor deste sector industrial, proporcionando emprego de alta calidade e elevado compoñente tecnolóxico. Por iso, é moi importante contar con titulados universitarios que posúan as capacidades requiridas polas empresas galegas.

 

O obxectivo do mestrado é dotar aos alumnos dos coñecementos máis actuais nos materiais avanzados utilizados en vehículos aeronáuticos ou espaciais, tamén no modelado dixital, análise estrutural e optimización de estruturas aeroespaciais. Todo iso no contexto do estado actual destes medios de transporte, de industria e da súa evolución probable.

 

A docencia práctica do MIEMA lévase a cabo cos códigos máis modernos de software de enxeñería e realizando ensaios aerodinámicos de modelos reducidos de perfís alares no túnel do vento da Universidade da Coruña.

 

INFORMACIÓN

  • Datas do curso: do 4 de outubro de 2021 ao 6 de maio de 2022.
  • Lugar: ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da UDC.
  • Horario: de Luns a Venres de 18:00h a 21:00h (orientativo).
  • Duración do periodo docente: 24 semanas.
  • Data entrega Proxecto Fin de Mestrado: 9 de setembro de 2022.
  • Modalidade: presencial.
  • Créditos: 60 ECTS.
  • Número de alumnos: mínimo 13, máximo 40.
  • Avaliación: avaliación a través de traballos e exames. É obrigatoria a presentación de Traballo Fin de Mestrado.
  • Preinscrición e matrícula:
    • ​Preinscrición: do 1 de xullo ao 17 de setembro de 2021.
    • Matrícula: do 6 ao 24 de setembro de 2021.

REQUISITOS DE ACCESO

Para acceder ao mestrado os estudantes deberán reunir, polo menos, un dos seguintes requisitos:

  1. Ser titulado universitario de ciclo curto ou longo.
  2. Ter un título de grao.
  3. Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións dos ciclos. 
  4. Acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nestes estivera comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso  a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, despois da solicitude individual e razonada da persoa interesada e dun informe vinculante do Consello de Goberno que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.
  5. Posuir un título propio da UDC de primeiro ciclo ou segundo ciclo.
  6. Tamén poderán acceder ao Mestrado as persoas con títulos superiores estranxeiros similares aos indicados anteriormente sen necesidade de homologación, aínda que será necesario obter unha autorización reitoral de acordo co artigo 11 do Regulamento de Estudos Propios de Posgrao da UDC.

 

Condicións de acceso específicas

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

     1. Ser titulado ou cursar estudos universitarios en:

-  Titulacións previas ao marco de Bolonia: Enxeñería Aeronáutica, Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, Enxeñería Naval e Enxeñería Industrial Mecánica e de Organización Industrial.

-  Titulacións actuais: Graos de Enxeñería Aeroespacial, de Enxeñería de Obras Públicas, Tecnoloxías da Enxeñería Civil, Construcción, Enxeñería Naval, Enxeñería Mecánica e Tecnoloxías Industriais e Organización industrial.

 

Dado que o mapa actual de titulacións é moi extenso e imposible de enumerar, plantexase ademáis que os enxeñeiros previos ao actual marco de Bolonia ou os actuais egresados en enxeñería e outras titulacións que acrediten coñecementos nas seguintes materias: álxebra, análise matemático, expresión gráfica, mecánica (estática, cinemática e dinámica), resistencia de materiais e cálculo de estruturas,poden tamén acceder ao mestrado.

 

No caso de que o número de solicitudes válidas superen as 40 prazas máximas ofertadas aplicaranse os seguintes criterios de forma secuencial:

  1. Daráse prioridade as titulacións de licenciatura, enxeñería superior ou mestrado sobre as titulacións de diplomatura ou graduado.
  2. Daráse prioridade aos solicitantes con maior nota media na titulación cursada.

 

PREINSCRICIÓN

Os alumnos interesados en cursar o mestrado deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 1 de xullo ao 17 de setembro de 2021, tendo en conta que o día límite deberá ter aportado a totalidade da documentación requirida, que se detalla mais abaixo, xunto co Boletín de Preinscrición.

 

O enlace de preinscrición estará dispoñible a partir do 1 de xullo de 2021.

 

MATRÍCULA

Despois do proceso de preinscrición, os alumnos admitidos (comunicarase por correo) deberán proceder ao abono das taxas de matrícula que teñen un custo de 3.900 euros, o cal o alumno deberá satisfacer nun único prazo.

 

SOLICITUDE DE BOLSA

Segundo regulamentación da UDC concederánse bolsas de matrícula para o 10% dos alumnos. 

En ambos casos a cuantía será do 50% da matrícula e poderá solicitarse do 1 de xullo ao 18 de setembro de 2021, achegando a documentación requirida no momento da preinscrición

Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula todos os alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición. Os criterios para a concesión das bolsas serán:

  1. Expediente académico (entre 1 e 10 puntos).
  2. Experiencia profesional relacionada coas ensinanzas do Mestrado (entre 0 e 10 puntos, considerándose 2 puntos por cada ano de experiencia profesional relacionada, cun máximo de 10 puntos).

 

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR NA PREINSCRICIÓN

  1. DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo.
  3. C.V. 
  4. Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o posgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR NO CASO DE SOLICITAR BOLSA

- Expediente académico (da titulación coa que se accede) con puntuación entre 1 e 10 puntos.

- A experiencia profesional acreditaráse na Carta Dirixida á Dirección Académica que se aporta na preinscrición.

Créditos

Créditos: 60

Datas

Data de celebración: Do 04/10/2021 ó 06/05/2021
Data de inscrición: Do 01/07/2021 ó 17/09/2021
Data de matrícula: Do 06/09/2021 ó 24/09/2021

Web oficial

http://miema.es/

Importes

Tarifa oficial: 3.900,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Mestrado en Enxeñería de Estruturas e Materiais Aeroespaciais

  Datos
Data: Do 04/10/2021 ó 06/05/2021
Horario: De Lunes a Viernes de 18:00h a 21:00h
Lugar: ETS de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos
Matrícula: 3.900,00 €