Prazo de inscrición pechado.
Prazo de matrícula pechado.
Este curso está orientado ao uso instrumental da lingua inglesa nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe consolidar as competencias do nivel B1 (usuario independente, grao elevado do nivel intermedio), de acordo cos seis niveis que se recoñecen no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
No final do curso, o estudantado saberá desenvolverse con fluidez na maior parte das situacións que poden xurdir na vida cotiá (persoal, académica e laboral), durante unha viaxe ou nunha estadía país de lingua inglesa.
► O curso está concibido para alumnado que teña realizado polo menos 240 horas do idioma ou que teña superado o nivel B1.1.
Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2020/21
Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.
O público externo debe achegar o seu DNI.
Non se admite domiciliación bancaria.
Créditos: 6
Data de celebración: Do 14/06/2021 ó 16/07/2021
Data de inscrición: Do 03/05/2021 ó 14/06/2021
Data de matrícula: Do 03/05/2021 ó 14/06/2021
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 01/07/2021 ó 09/07/2021
Tarifa oficial: 190,00 €
Tarifa oficial (en varios prazos): 95,00 €
Teléfono de contacto: 981167000 Ext. 4751/4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es
Inglés B1.2