Novas

A Cátedra Greenalia-UDC organiza un curso sobre os avances da transición enerxética en Galicia

01/09/2025

 

Facultade de Economía e Empresa da UDC acollerá o segundo curso de verán organizado pola Cátedra Greenalia-UDC para a Transición Enerxética titulado “O papel dá eólica mariña como vector socioeconómico e tecnolóxico dá transición enerxética en Galicia: retos e oportunidades”. O curso terá lugar do 17 ao 19 de setembro de 2025 en horario de 9:30h a 13:00h, e de 16:00h a 18:00h na Facultade de Economía e Empresa da UDC (Aula 2.8). 

 

Desde o Grupo de Investigación en Regulación, Economía e Finanzas da UDC levan máis de 15 anos investigando en temas de Economía da Enerxía. Este Curso de Verán sobre a eólica mariña,  trata os avances da Transición Enerxética en Galicia, os seus retos e as oportunidades que temos como rexión líder na produción de enerxía eléctrica no Estado español. Cunha temática distinta, este curso pretende ofrecer certa continuidade do Curso de Verán sobre Transición Enerxética celebrado o ano pasado 2024 grazas a colaboración coa Cátedra Greenalia-UDC.  

 

Ao longo do curso analizaranse os retos e oportunidades que ten a eólica mariña desde as distintas ópticas: académica, política, tecnolóxica, socieconómica, profesional e empresarial. 

 

Os obxectivos principais son:

  • Achegar unha visión completa e experta, desde as distintas perspectivas, da cadea de valor da eólica mariña: o A través dxs distintos relatores convidadxs: expertxs académicxs de recoñecido prestixio, tecnólogxs e profesionais destacadxs nas empresas da cadea de valor da eólica mariña. 
  • Reflexionar sobre o papel que debe e pode xogar Galicia como polo de atracción de proxectos de eólica mariña 
  • Poñer en valor o papel actual da UDC como axente chave de I+D+i no desenvolvemento de solucións para a eólica mariña.

 

Entre os relatores atópanse tanto expertas/os académicos de recoñecido prestixio como Fernando de Llano (UDC), Francisco Rey (UDC) , Félix Nieto Montoure (UDC- Grupo de investigación Mecánica de Estruturas), Armando Yáñez Casal (UDC- Director do CITENI), Javier Sanz (UDC), Fernando Martínez Abella (Director científico do CITEEC), Juan Rabuñal (Director Técnico do CITEEC), Carolina Martínez e Carlota Fiaño (Equipo de xestión e comunicación do CITEEC), Félix Sánches Templeque (Técnico Superior do CITEEC), Javier López Prol (Yonsei Univ.), como profesionais de empresas líderes do sector enerxético como Roberto Cabria (responsable de medioambiente mariño - REDEIA), Serge R Kawecki (Responsable de desenvolvemento de negocio - Windwaves), Yanai Vieites (Departamento de preparación de ofertas e intelixencia comercial - Navantia), Irati Larrinaga (Directora de Tecnoloxía - SAITEC), David Díez (Bufete Avogados WFW Watson Farley & Williams), José Ángel Pagola (AON Aseguradora), Pedro Pérez ( membro do GOE e Asesor Técnico - ASIME), Pablo Fernández (director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais), Guillermo Bouza (Responsable Comercial Galicia -Tecnoambiente),  Jesús Casás (Director do Porto de Ferrol), Juan Diego Pérez Freire (Director da Autoridade Portuaria da Coruña), Basilio Otero (Presidente dá Federación Nacional de Confradías de Pescadores (FNCP)), Raúl Martín (Head of Offshore New Technologies Greenalia).


É unha oportunidade única para poder coñecer de primeira man a realidade laboral no sector grazas aos profesionais de empresas líderes da cadea de valor do sector da enerxía que impartirán conferencias neste curso.


O prezo da matrícula é de 10€ (Tarifa reducida), reservada a estudantes universitarios, Comunidade UDC, persoas desempregadas, pensionistas e persoas participantes na II Convocatoria dos Premios Galicia Renovable para TFGs e TFMs da Cátedra Greenalia-UDC. A Tarifa xeral é de 20€.


As persoas interesadas en asistir poden inscribirse ata o 14 de setembo de 2025 a través da seguinte ligazón (pica aquí).

 

Consulta aquí o programa