Novas

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible involucrase no Proxecto ASAMEC.

06/10/2020

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible involucrouse nun proxecto que concentra gran parte dos seus esforzos, no proxecto ASAMEC. 

O seu propósito é xerar modelos de desenvolvemento alternativos que poñan en valor os recursos da contorna para transformar o rural galego nun meido máis próspero, sostible e saudable.

No proxecto parcipan Fundación Galicia Sustentable, Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible e Mercado da colleita (Corporación Hijos de Rivera).

Dentro do proxecto, a Cátedra está implicada no proxecto da Finca Experimental da Fundación Galicia Sustentable (2019-2025).

 

 

É a proposta máis ambiciosa no ámbito experimental. Nesta finca preténdese recuperar a súa capacidade produtiva a través de proxectos de agricultura rexenerativa e sintropía, proxectando a viabilidade de cultivos alternativos e a rexeneración do chan en plantacións de eucalipto. Para iso aproveitanse distintos tipos de biomasa que favorece a creación de novo chan con potencialidade agraria e a recuperación da capacidade de chans que xa están en uso, na actualidade en monocultivo intensivo. 

A finca ten unha superficie de 9.000 m² e está dividida en 8 parcelas con propostas de investigación diferentes.

Responsables da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible, Corporación Hijos de Rivera e Fundación Galicia Sustentable, visitaron o 17 de xullo a Finca Galicia Sustentable.