Iniciativas

Desenvolvemento dunha ferramenta integrada para avaliación e monitorización dos recursos marisqueiros

      

Exponse un proxecto de investigación multidisciplinar para o desenvolvemento dun sistema TIC, sinxelo e eficaz, a partir de información sobre a bioloxía do recurso, o coñecemento tradicional dos mariscadores, e o emprego de tecnoloxías TIC compatibles co desenvolvemento das tarefas habituais dos mariscadores, técnicos e xestores. Esta ferramenta permitirá obter información actualizada e xeorreferenciada sobre a avaliación de stocks e a estratexia de explotación do recurso, de gran interese para confrontar os datos de producción fronte ao esforzo realizado. A información será enviada telemáticamente a unha base de datos centralizada onde poderá ser manipulada e analizada mediante unha sinxela aplicación informática polos técnicos e xestores da explotación.



Obxetivos

  1. Xeneración de cartografía base mediante coñecemento ecolóxico tradicional (CET)
  2. Deseño dun protocolo de avaliación de stocks e monitorización de capturas optimizado mediante tecnoloxía TIC
  3. Desenvolvemento dun sistema de visión artificial para a avaliación de stocks e monitorización de capturas
  4. Desenvolvemento de software de apoio para a xestión sostible dos recursos marisqueiros
  5. Transferencia do coñecemento xerado ao largo do proxecto ao sector

Datas

Inicio do proxecto: 05/01/2014
Remate do proxecto: 31/12/2014
Duración do proxecto: 8 meses

Máis información

Solicite máis información

Web oficial

http://bivatic.blogspot.com.es/


Comparte esta información