Mestrado en Loxística e Transporte 2020-2021

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

A oitava edición do Mestrado en Loxística e Transporte está destinada a profesionais, titulados e estudantes que queiran coñecer o ámbito profesional da loxística e do transporte de mercadorías.

 

INFORMACIÓN

  • Datas de impartición: Do 25 de setembro de 2020 ao 31 de outubro de 2021.
  • LugarEdificio de Apoio ao Estudo del Campus de Esteiro (Ferrol).
  • Horario: Venres de 16:30 a 21:00 e Sábados de 9:30 a 14:00. As visitas docentes realizaranse noutros horarios en función da dispoñibilidade das empresas ou instalacións a visitar.
  • Número de alumnos: Mínimo 15 - Máximo 25. No caso necesario poderíase limitar o número máximo de admitidos de acordo cos protocolos de ocupación de aulas.
  • Créditos: 65 ECTS.
  • ModalidadePresencial, cumprindo os protocolos de prevención que establezan as autoridades sanitarias e académicas.
  • Preinscrición e matrícula:

Período de preinscrición: Do 26 de xuño ao 27 de xullo de 2020. Abriuse un novo prazo ata completar as prazas dispoñibles.

Período de matrícula: Do 1 ao 7 de setembro de 2020 (no caso de non cubrir as prazas, as dispoñibles ofertáranse ata o inicio do curso).

 

REQUISITOS DE ACCESO

Para acceder ao mestrado os estudantes deberán reunir, polo menos, un dos seguintes requisitos:

  1. Ser titulado universitario de ciclo curto ou longo.
  2. Ter un título universitario de grao.
  3. Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións universitarias de dous ciclos. 
  4. Acreditar ter superado 180 créditos dos estudos universitarios de grao cando nestes estivera comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, tras a solicitude individual e razonada da persoa interesada e dun informe vinculante do Consello de Goberno que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.
  5. Posúir un título propio da UDC de primeiro ciclo ou segundo ciclo.
  6. Tamén poderán acceder ao Mestrado as persoas con títulos superiores estranxeiros similares aos indicados anteriormente sen necesidade de homologación, se ben será necesario obter unha autorización reitoral de acordo co artigo 11 do Regulamento de Estudos Propios de Posgrado da UDC.

 

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou a traxectoria profesional do alumno.

 

Os criterios específicos serán os seguintes:

  1. Expediente académico e relación da titulación co ámbito dos estudos.
  2. Currículum profesional relacionado co ámbito dos estudos.
  3. Xustificación da motivación para a realización dos estudos.
  4. Entrevista persoal (opcional).

 

PREINSCRICIÓN

Os alumnos interesados en cursar o posgrado deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 26 de xuño  de 2020 ao 27 de xullo de 2020, tendo en conta que o día límite deberá ter aportada a totalidade da documentación requerida e que se detalla mais abaixo. Abriose un novo prazo ata completas as prazas dispoñibles.

 

MATRÍCULA

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos (comunicarase por mail) deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 4.900 €, que o alumno poderá satisfacer en un ou en dous prazos:

  • Pago único: Aboaránse 4.900€ do 1 ao 7 de setembro de 2020.

 

  • Pago aprazado:  nun primeiro plazo 2.450€  1 ao 7 de setembro de 2020.

                 Aboarase nun segundo plazo 2.450€ do 1 ao 15 de febreiro de 2021.

 

O enlace de pago estará dispoñible cando se abra o período de matrícula.


Xunto coa preinscrición, o alumno interesado en obter bolsa de axuda deberá aportar a documentación acreditativa requerida.

Unha vez aceptada a  súa solicitude de bolsa, o alumno deberá efectuar un único pago de 2.450 € en concepto de matrícula, quedando exonerado do segundo.

 

SOLICITUDE DE BOLSA

Concederanse bolsas do 50% da matrícula a un 10% dos estudantes matriculados no mestrado, que se poderán solicitar do 26 de xuño de 2020 ao 27 de xullo de 2020 xunto coa preinscrición.

Os criterios para a adxudicación das bolsas serán:

  • Expediente académico.
  • Currículum vítae.
  • Situación económica do núcleo familiar.

 

AVALIACIÓN

Para superar o mestrado será necesaria:

  1. A asistencia as clases presenciais e a entrega satisfactoria dos casos e traballos que se plantexen para os módulos 1, 2 e 3.
  2. A realización ou convalidación das prácticas (módulo 4).
  3. A realización do traballo de fin de mástrado (módulo 5) que deberá superar a sua defensa pública.

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN A APORTAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN

1. DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo.

2. Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:

  • Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal coa data de depósito do título que indique que superou o primeiro ciclo, certificado obtenido na secretaría da facultade e selado se non se teñen rematados os estudos, pero sí 180 créditos.

3. Expediente académico.

4. Currículum Vitae.

5. Carta dirixida á dirección explicando os motivos que o animan a querer cursar o posgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.

 

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR PARA  A SOLICITUDE DE BOLSA

  1. Expediente académico (si non se aportou a documentación de preinscrición).
  2. Renda neta per cápita familiar calculada de acordo co procedemento das Becas de Carácter Xeral do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

No caso de resultar seleccionado para a adxudicación dunha bolsa solicitarase documentación complementaria que acredite o cálculo realizado.

            DOCUMENTO DE CONSULTA PARA O CÁLCULO_Descarga documento

 

Créditos

Créditos: 65

Datas

Data de celebración: Do 25/09/2020 ó 31/10/2021
Data de inscrición: Do 26/06/2020 ó 02/10/2020
Data de matrícula: Do 01/09/2020 ó 17/02/2021

Web oficial

http://www.masterlogisticaytransporte.com/es/

Importes

Tarifa oficial: 4.900,00
Tarifa 1º Pago aplazado: 2.450,00
Tarifa 2º Pago aplazado: 2.450,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: I.VARELAC@FUAC.UDC.ES

Comparte esta información

Mestrado en Loxística e Transporte 2020-2021

  Datos
Data: Do 25/09/2020 ó 31/10/2021
Horario: Viernes de 16:30h a 21:00h - Sábados de 09:30h a 14:00h
Lugar: Ed. Apoyo al Estudio - Campus de Esteiro - Ferrol
Matrícula: 4.900,00 €