Curso de Especialización en BIM

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Sétima edición dun posgrao destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran coñecer a aplicación da metodoloxía BIM (BUILDING INFORMATION MODELING) a exemplos reais de edificación.

 

 

 

INFORMACIÓN

  • Data de impartición: De 6 outubro de 2020 a  2 xuño de 2021(*)

(*)A data para a recuperación estenderíase ata o 30 de xuño, para a entrega de prácticas.

  • Lugar: Aula de posgrao da EU de Arquitectura Técnica (Universidade da Coruña).
  • Horario: Martes e Mércores de 16:00h a 21:00h.
  • Créditos: 30 ECTS.
  • Modalidade: Presencial (únicamente se as condicións sanitarias non o permiten-estado de alarma- realizarase a docencia on-line pero síncrona).
  • Avaliación:  Avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. É obligatoria a presentación de traballos esixidos por cada asignatura. Para poder superar o posgrao é necesario aprobar todas as asignaturas.
  • Número de alumnos: Mínimo 15, Máximo 24.
  • Preinscrición e matrícula:
  • Primeiro prazo (xuño-xullo)
    • Preinscrición: Do 1 de xuño ao 10 de  xullo de 2020.
    • Publicación de listaxe provisional: 15 de xullo de 2020.
    • Reclamacións: Do 15 ao 17 de xullo de 2020.
    • Publicación de listaxe definitiva: 22 de xullo de 2020.
    • Matrícula: Do 27 de xullo ao 31 de xullo de 2020.​

 

  • Segundo prazo (agosto-setembro)
    • Preinscripción: Do 10 de agosto ao 4 de setembro de 2020.
    • Publicación de listaxe provisional:  9 de setembro de 2020.
    • Reclamacións: Do 9 ao 10 de setembro de 2020.
    • Publicación de listaxe definitiva: 11 de setembro de 2020.
    • Matrícula: Do 14 ao 18 de setembro do 2020.

  • O alumnado debe dispoñer de ordenador portátil (mínimo: procesador de 64 bits con dous núcleos e 6 GB de RAM).

 

REQUISITOS DE ACCESO

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ser licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou equivalente, ou posuír unha titulación de ciclo corto.
  2. Posuír un título de grao.
  3. Ter superados as créditos do primeiro ciclo das titulacións dos ciclos.
  4. Acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nestes créditos esté comprometida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. No caso, a admisión deberá ser aprobada pola resolución rectoral, logo da solicitude individual e razonada da persoa interesada e do informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia do informe noutro órgano.
  5. Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.

 

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou a traxectoria profesional do alumno.

 

A valoración dos requisitos realizaraa a Comisión Académica do Título, en función da forma de acceso, segundo os seguintes criterios:

  •  Para os candidatos que acrediten estar en posesión da titulación universitaria requirida, valoraráse nesta orde:
  1. Expediente Académico.
  2. Currículum Vitae (experiencia profesional demostrada).
  3. Entrevista persoal (no caso de estimarse oportuno).
  •  Para os alumnos solicitantes que teñan pendente de superar menos de 30 ECTS (incluido o traballo de fin de grao)  de calquera das titulacións requiridas, valorarase nesta orde:
  1. Expediente Académico ata o momento da solicitude de admisión ao posgrao.
  2. Número de créditos restantes para a obtención do título de grao correspondente.
  3. Entrevista persoal (no caso de estimarse oportuno).

 

PREINSCRICIÓN

Os alumnos interesados en cursar o postgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) nun primeiro  prazo (do 1/06/2020 ao 10/07/2020) e no caso de non cubrir as prazas nun primeiro prazo, nun segundo prazo do 10/08/2020 ao 04/09/2020), tendo en conta que a data límite deberá ter aportado a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo. 

No caso de solicitar bolsa, realizaráse todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, adxuntanto a documentación acreditativa que sexa solicitada.

 

MATRÍCULA

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono de las taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 1.875 euros*, que o alumno poderá satisfacer en uno ou dous prazos:

  • Pago único: Aboaránse 1.875 euros  ao formalizar a matrícula  (27 de xullo de 2020 ao 31 de xullo de 2020/ 14 de setembro de 2020 ao 18 de setembro de 2020).
  • Pago aprazado: Aboaránse nun primeiro pago 1.000 euros (27 de xullo de 2020 ao 31 de xullo de 2020/ 14 de setembro de 2020 ao 18 de setembro de 2020).
  • Aboaránse nun segundo pago 875 euros do 11 ao 15 de xaneiro de 2021.


O enlace  de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.

 

*Costes minorados Matrícula Reducida: 1.625€  para Colexiados, Pre-colexiados, Persoal de Administracións e Comunidade Universitaria UDC (PDI, PAS, alumnos y antigos alumnos). Deben indicar na inscrición que pertencen a algún destes colectivos e aportar a documentación xustificativa segundo sexa o colectivo. Deben pertencer a dito colectivo no momento de formalizar a matrícula (se pertence con posterioridade non terá efecto o desconto).

 

SOLICITUDE DE BOLSA

Existen un mínimo de 2** bolsas do 50 % do importe da matrícula abonado polo alumno, que se poderán solicitar do 14 de decembro de 2020 ao 18 de decembro de 2020.

O alumno interesado na solicitude de bolsa, ademáis de indicalo na inscrición  e achegar a documentación necesaria  (no momento da inscrición), debe remitir nestas datas un correo electrónico solicitando a bolsa a i.varelac@fuac.udc.es

** O número de bolsas determinarase en función do número real de matriculados garantindo un 10% do alumnado matriculado.

 

A adxudicación da bolsa virá dada previa solicitude expresa do alumno e a aportación incluida na baremación de méritos. O expediente académico, necesariamente debe incluir a nota media segundo Real Decreto 1125/2003.

Para a baremación de méritos, establecese o criterio mediante o expediente académico da titulación que da acceso ao posgrao (no momento de realizar a preinscrición).

  1. Expediente académico 
    • No caso de alumnos universitarios que non finalizasen aplicarase un coeficiente corrector do 0.95. 
    • No caso de alumnos con titulación universitaria o coeficiente corrector é de 1.0.
    • No caso de alumnos con titulación non universitaria o coeficiente corrector é de 0.75
  2. No caso de obter o mesmo valor terase en conta o CV aportado polo alumno (experiencia laboral, titulacións cursadas, etc.)

Documentación a achegar

Documentación a aportar xunto co boletín de preinscrición.

  1. DNI,  pasaporte ou tarjeta de residencia (para estranxeros), en vigor, escaneado por ambas caras y que se vexa completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, firmado y que se vexa completo:
    • Será un dos siguientes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título o que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividade, tarjeta de PAAU. 
  3. Currículum Vitae.
  4. Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o  postgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.
  5. Expediente académico do Grao ou titulación equivalente. No que se inclua a nota media según  R.D. 1125/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e el sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningún documento que non conteña expresamente este dato.

 

Documentación a aportar para a solicitude de bolsa.

A adxudicación da bolsa virá dada previa solicitude expresa do alumno e a aportación da documentación incluida en la baremación de méritos. O expediente académico, necesariamente debe incluir a nota media.

Créditos

Créditos: 30

Datas

Data de celebración: Do 06/10/2020 ó 30/06/2021
Data de inscrición: Do 10/08/2020 ó 04/09/2020
Data de matrícula: Do 14/09/2020 ó 15/01/2021

Web oficial

http://posgrado.bim.udc.es/

Importes

Tarifa oficial: 1.875,00
Tarifa 1º PAGO APLAZADO: 1.000,00
Tarifa 2º PAGO APLAZADO : 875,00
Tarifa MATRICULA REDUCIDA: 1.625,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Curso de Especialización en BIM

  Datos
Data: Do 06/10/2020 ó 30/06/2021
Horario: Martes y Miércoles de 16:00h a 21:00h
Lugar: Aula de posgrado de la EU de Arquitectura Técnica
Matrícula: 1.875,00 €