Prazo de inscrición pechado.
Prazo de matrícula pechado.
Baixo o nome de compliance ou cumprimento legal, nos últimos anos configuráronse unha serie de prácticas, mecanismos e procedementos que converxeron na necesidade de que as empresas adopten uns sistemas de control e prevención tendentes a minimizar os riscos de sancións, perdas patrimoniais ou de reputación e, en última instancia, ata conxurar a posible responsabilidade penal das mesmas.
Xunto ao cumprimento legal, o adecuado tratamento dos datos persoais preséntase como un dos principais desafíos actuais para empresas e administracións públicas.
O Curso de Especialización en Cumprimento Legal e Privacidade ofrece unha sólida formación en ambos aspectos, conformándose así como unha oportunidade formativa de singular interese para empresas, Administracións e profesionais interesados en adquirir unha formación especializada e de calidade nestas materias.
O profesorado do curso combina a presenza de especialistas académicos con profesionais do Dereito e de empresas do eido tecnolóxico, garantindo unha perspectiva completa, teórica e práctica, das importantes cuestións que aborda este curso.
INFORMACIÓN:
Datas de impartición: Do 1 de marzo de 2019 ó 21 de xuño de 2019.
Lugar: venres: Aulas primeira planta da facultade de Dereito da UDC e sábados na sede do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña
Créditos:25
Modalidade: presencial
Avaliación: Avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. É obrigatoria a presentación dun traballo fin de curso.
Número de alumnos: mínino 15; máximo 30
Preinscrición: Do 17 de decembro do 2018 ó 22 de febreiro do 2019
Matricula: Do 25 de febreiro do 2019 ó 28 de febreiro do 2019
Horarios: veres pola tarde e sábados pola mañán
REQUISITOS DE ACCESO:
Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo á súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno.
Os criterios específicos serán os seguintes:
PREINSCRICIÓN:
Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 17 de decembro do 2018 ó 22 de febreiro do 2019 tendo en conta que o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.
Caso solicitar Bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, ajuntando a documentación acreditativa que sexa solicitada.
DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN:
MATRICULA:
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula.A matrícula ten un custo de 1560 €, que o alumno poderá satisfacer nun ou dous prazos:
Pago único: Abonaranse 1.560 € do 25 de febreiro ó 28 de febreiro do 2019
Pago aprazado: Abonaranse nun primeiro prazo: 780€ do 25 de febreiro ó 28 de febreiro do 2019
Abonaranse nun segundo prazo 780€ do 11 de marzo ó 22 de marzo do 2019
(A ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula)
BOLSA MATRÍCULA:
Unha vez aceptada a solicitude de bolsa, o alumno deberá efectuar un só pago de 780€ en concepto de matrícula, quedando exonerado do segundo.
SOLICITUDE DE BOLSA:
Existen 2 bolsas da metade da matrícula, que se poderán solicitar do 17 de decembro ó 22 de febreiro:
Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición, que cumpran os seguintes requisitos :
- Que poidan acreditar co expediente académico do título con que accede ao posgrao unha nota media de 8,5 ou superior, calculada conforme ao R.D. 1267/94 e polo R.D. 1044/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningún documento que non conteña expresamente este dato.
Para outorgar as bolsas de axuda, seleccionaranse os mellores expedientes académicos
Documentación a achegar xunto co boletín de preinscrición:
Documentación a achegar para a solicitude de bolsa.
Expediente academico que inclúa a nota media calculada conforme ao R.D. 1267/94 e polo R.D. 1044/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningún documento que non conteña expresamente este dato.
Créditos: 25
Data de celebración: Do 01/03/2019 ó 21/06/2019
Data de inscrición: Do 17/12/2018 ó 06/03/2019
Data de matrícula: Do 25/02/2019 ó 06/03/2019
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 11/03/2019 ó 22/03/2019
Tarifa Matrícula completa: 1.560,00 €
Tarifa primer plazo matricula: 780,00 €
Tarifa segundo plazo matricula: 780,00 €
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es
C.E. en Cumprimento Legal e Privacidade