Mestrado en Loxística e Transporte

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

O Mestrado en Loxística e Transporte está destinado a profesionais, titulados e estudantes que queiran coñecer o ámbito profesional da loxística e o transporte de mercadorías.

 

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS

 

 

INFORMACIÓN

 

  • Datas de impartición: Do 7 de setembro de 2018 ao 31 de outubro de 2019.
  • Lugar: Edificio de Apoio ao Estudo do Campus de Esteiro (Ferrol).
  • Horario: Venres de 16:30 a 21:00 e Sábados de 9:30 a 14:00. As visitas docentes realizaranse noutros horarios en función das dispoñibilidades das empresas ou instalacións a visitar.
  • Número de alumnos: Mínimo 15 - Máximo 25.
  • Créditos: 65 ECTS.
  • Modalidade: Presencial.
  • Preinscrición e matrícula:

- Data de preinscrición: Do 29 de xuño de 2018 ao 20 de xullo de 2018.

- Data de matrícula: Do 26 de xullo de 2018 ao 31 de xullo de 2018.

(En caso de non cubrir prazas, as dispoñibles ofertaranse ata o inicio do curso en setembro).

 

 

REQUISITOS DE ACCESO

 

Para acceder ao mestrado os estudantes deberán reunir, polo menos, un dos seguintes requisitos:

  1. Ser titulado universitario de ciclo curto ou longo.
  2. Ter un título universitario de grao.
  3. Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións universitarias de dous ciclos.
  4. Acreditar superar 180 créditos dos estudos universitarios de grao cando nestes estivese comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, tras a solicitude individual e razoada da persoa interesada e dun informe vinculante do Consello de Goberno que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.
  5. Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou segundo ciclo.
  6. Tamén poderán acceder ao Mestrado as persoas con títulos superiores estranxeiros similares aos indicados anteriormente sen necesidade de homologación, aínda que será necesario obter unha autorización reitoral de acordo co artigo 11 do Regulamento de Estudos Propios de Posgrao da UDC.

 

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo á súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno.

 

Os criterios específicos serán os seguintes:

  1. Expediente académico e relación da titulación co ámbito dos estudos.
  2. Currículo profesional relacionado co ámbito dos estudos.
  3. Xustificación da motivación para a realización dos estudos.
  4. Entrevista persoal (opcional).

 

 

PREINSCRICIÓN

 

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 29 de xuño de 2018 ao 20 de xullo de 2018, tendo en conta que o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.

 

 

MATRÍCULA

 

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos (comunicaráselle por mail) deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 4.900 €, que o alumno poderá satisfacer nun ou dous prazos:

 

  • Pago único: Abonaranse 4.900€ do 26 de xullo de 2018 ao 31 de xullo de 2018.

 

  • Pago aprazado: Abonaranse nun primeiro prazo 2.450€ do 26 de xullo de 2018 ao 31 de xullo de 2018.

         Abonaranse nun segundo prazo 2.450€ do 01 de febreiro de 2019 ao 15 de febreiro de 2019.

 

A ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.

 

Xunto coa preinscrición, o alumno interesado en obter bolsa de axuda deberá achegar a documentación acreditativa requirida.

Unha vez aceptada a súa solicitude de bolsa, o alumno deberá efectuar un só pago de 2.450 € en concepto de matrícula, quedando exonerado do segundo.

 

 

SOLICITUDE DE BOLSA

 

Concederanse bolsas do 50% da matrícula a un 10% dos estudantes matriculados no máster, que se poderán solicitar do 29 de xuño de 2018 ao 20 de xullo de 2018 xunto coa preinscrición.

 

Os criterios para a adxudicación das bolsas serán:

  • Expediente académico.
  • Currículo vítae.
  • Situación económica do núcleo familiar.

 

 

AVALIACIÓN

 

Para superar o máster será necesaria:

  1. A asistencia ás clases presenciais e a entrega satisfactoria dos casos e traballos que se expoñan para os módulos 1, 2 e 3.
  2. A realización ou convalidación das prácticas (módulo 4).
  3. A realización do traballo de fin de máster (módulo 5) debendo superar o seu defensa pública.

 

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN

 

1. DNI, pasaporte ou cartón de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas as caras e que se vexa completo.

2. Título de acceso escaneado por ambas as caras, legible, asinado e que se vexa completo:

  • Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, certificado obtido na secretaría da facultade e selado se non se ten terminados os estudos pero sí 180 créditos.

3. Expediente académico.

4. Currículo Vitae.

5. Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o posgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.

 

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR PARA SOLICITUDE DE BOLSA

 

  • Expediente académico (se non se achegou na documentación de preinscrición).
  • Renda neta per cápita familiar calculada de acordo co procedemento das Bolsas de Carácter Xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
  • En caso de resultar seleccionado para a adxudicación dunha bolsa solicitarase documentación complementaria que acredite o cálculo realizado.
  • DOCUMENTO DE CONSULTA PARA O CÁLCULO      Descarga documento

Créditos

Créditos: 65

Datas

Data de celebración: Do 07/09/2018 ó 31/10/2019
Data de inscrición: Do 29/06/2018 ó 03/09/2018
Data de matrícula: Do 26/07/2018 ó 28/02/2019
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 01/02/2019 ó 28/02/2019

Web oficial

http://www.masterlogisticaytransporte.com/es/

Importes

Tarifa oficial: 4.900,00
Tarifa con bolsa: 2.450,00
Tarifa 1º pago aplazado: 2.450,00
Tarifa 2º pago aplazado: 2.450,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: sisanchez@col.udc.es

Comparte esta información

Mestrado en Loxística e Transporte

  Datos
Data: Do 07/09/2018 ó 31/10/2019
Horario: Viernes de 16:30h a 21:00h - Sábados de 09:30h a 14:00h
Lugar: Ed. Apoyo al Estudio - Campus de Esteiro - Ferrol
Matrícula: 4.900,00 €