A2. Bolsas da Cátedra Luis Fernández Somoza para a mobilidade de profesorado estranxeiro

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

A CÁTEDRA "LUIS FERNÁNDEZ SOMOZA" PARA A INTERNACIONALIZACIÓN DOS ESTUDOS DE ECONOMÍA E EMPRESA DA UDC 

CONVOCA

A-2 BOLSAS E CONTÍAS PARA PROFESORADO ESTRANXEIRO

 

OBXECTIVO

Co obxecto de potenciar as relacións docentes-internacionais no ámbito da internacionalización a Cátedra L.F.S. ofrece, mediante a seguinte convocatoria, axudas económicas para financiar estancias breves (máximo 4 días de docencia) de profesores de universidades estranxeiras que veñan a impartir materias en inglés na Facultade de Economía e Empresa. Este programa financiase con cargo ao convenio que ten suscrito a UDC e a empresa Cartesón.

 

BASES E CRITERIOS

  • Requisitos:
    • Ser profesor dunha universidade estranxeira.
    • Ter un programa de docencia aceptado e asinado polo profesor que imparte a docencia da materia afín na FEE en inglés.
    • Esta axuda e incompatible con outras para o mesmo fin e durante o mesmo período de tempo.

 

  •  Características e condicións de disfrute:
    • Impartir docencia en materias da FEE que se impartan en Inglés.
    • Concederánse 8 bolsas para universidades estranxeiras.
    • A estancia realizarase en período lectivo e poderá disfrutarse ate o día 20 de decembro desta anualidade.

 

  • No prazo dun mes tras finalizar a estancia, o profesor da FEE que abalou a estadía deberá presentar á Comisión Mixta da Cátedra Luis Fernández Somoza:
  1. Unha memoria acreditativa da labor realizada.
  2. Tarxetas de embarque orixinais, así como de calquera outro medio de transporte empregado (tren, autobús…).

 

Máis información e modelos de anexos (ver as bases da convocatoria)

  • Anexo I. Memoria de solicitude  ANEXO I
  • Anexo II. Memoria de fin de estadía  ANEXO II

Datas

Data de celebración: Do 01/01/2020 ó 31/12/2020
Data de inscrición: Do 01/01/2020 ó 31/12/2020

Web oficial

https://www.fundacion.udc.es/site.asp?id=61

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011168
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

A2. Bolsas da Cátedra Luis Fernández Somoza para a mobilidade de profesorado estranxeiro

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 01/01/2020 ó 31/12/2020
Horario:
Lugar: A Coruña