O vindeiro sábado, 17 de outubro de 2026, celebrarase a VII Xornada "O papel da condición física relacionada coa saúde no currículo escolar" no Centro de Innovación Cultural.Cidade da Cultura.Auditorio 2. (Santiago de Compostela).
O evento terá lugar en horario de mañá: 8:45 a 14:45 h.
A condición física constitúe un importante marcador de saúde nas diferentes etapas do ciclo vital e, de maneira particular, durante a idade escolar. Neste contexto, a materia de Educación Física desempeña un papel fundamental na promoción de estilos de vida activos e saudables que contribúan á mellora da condición física do alumnado, así como no desenvolvemento de procesos de avaliación dos distintos compoñentes da condición física relacionada coa saúde.
Esta xornada está organizada pola Cátedra SXD Galicia Activa, en colaboración coa Xunta de Galicia e o grupo de investigación Performance and Health Group (UDC), e ten como obxectivo reflexionar sobre a abordaxe da condición física no marco dos currículos de Educación Física, partindo da análise da súa relevancia para a saúde e a educación, así como da presentación de experiencias e boas prácticas desenvolvidas nas diferentes etapas educativas. Para iso, contaremos con achegas procedentes dos ámbitos da investigación, da administración educativa e da innovación docente.
Contaremos cos seguintes relatores:
A clausura do evento estará a cargo de pendente de confirmación, a cargo e empresa.
Para a asistencia e participación na xornada requírese inscrición previa a través do seguinte enlace (pica aquí). O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o martes, 13 de outubro ou ata completar prazas.
XORNADA GRATUÍTA!! Se estás interesado/a inscríbete, prazas limitadas!!!
RELATORES (consulta o seu cv aquÍ)
Dirixido a: todas as persoas interesadas nesta temática e, de maneira particular, ao profesorado de Educación Primaria e Educación Secundaria, ao estudantado universitario e ás persoas profesionais das ciencias da actividade física e do deporte.
Día de celebración: sábado, 17 de outubro de 2026.
Lugar de celebración: Centro de Innovación Cultural.Cidade da Cultura.Auditorio 2. Santiago de Compostela.
Horario: de 8:45 a 14:45h
Modalidade: Presencial
Inscrición: ata o 13 de outubro de 2026 (ou ata completar aforo)*
*Aforo limitado. As prazas asignaránse por orde de inscrición.
Expediráse certificación acreditativa de asistencia.
Data de celebración: Do 17/10/2026 ó 17/10/2026
Data de inscrición: Do 14/08/2026 ó 13/10/2026
https://www.fundacion.udc.es/catedra-galicia-activa/
Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es
O papel da condición física relacionada coa saúde no currículo escolar