Registration period pending opening
II Edición do curso de especialización en dereito dixital e intelixencia artificial do traballo e da seguridade social
O obxectivo é o de afondar no coñecemento e análise do impacto da dixitalización e da intelixencia artificial no mundo do traballo. Tanto a intelixencia artificial como os algoritmos, ferramentas características dos tempos que estamos a vivir, son instrumentos valiosos para calquera dos ámbitos sociais nos que nos desenvolvemos, e, polo tanto, tamén para o mundo das relacións laborais. Resulta imprescindible estudar o impacto da dixitalización do traballo no plano colectivo das relacións laborais, así como a incidencia dos algoritmos e a intelixencia artificial no Dereito dixital do Traballo.
Asemade, esta actuación formativa comprende os sistemas de regulación do espazo virtual e a xestión algorítmica da relación laboral na empresa, así como o estudo da regulación e dos dereitos relacionados coa protección da intimidade e a desconexión dixital, entre outros.
O curso diríxese ao alumnado do Sistema Universitario Galego (sen prexuízo da presencia de alumnado procedente doutras universidades), así como a persoas profesionais que precisan coñecer (ou seguir coñecendo con máis detalle) o Dereito do Traballo e da Seguridade Social aquí aplicábel.
INFORMACIÓN DE INTERESE:
Datas de impartición: do 23 de setembro ao 27 de outubro de 2026.
Horario: martes de 16:30 a 21:00h e mércores de 16:30 a 21:00h
Lugar: Facultade de Dereito da Universidade da Coruña (Campus de Elviña, 15008 A Coruña).
Nº alumnos:
Preinscrición e matrícula:
*Modalidade presencial: A modalidade presencial dispón dun número limitado de prazas. Se se reciben máis solicitudes das dispoñibles, a admisión será por rigorosa orde de inscrición.
**Modalidade en liña: A modalidade en liña dispón dun número limitado de prazas. Se se reciben máis solicitudes das dispoñibles, a asignación realizarase atendendo a orde de inscrición e á xustificación facilitada sobre a imposibilidade de asistir presencialmente ao congreso.
Importe matrícula:
Programa: pode descargar o programa en documentacion adxunta.
Organización: Consello Galego de Relacións Laborais. Universidade da Coruña.
Dirección, secretaría e coordinación académica (UDC): Iván Vizcaíno Ramos (Profesor Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social), María Gorrochategui Polo (Profesora Axudante Doutora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social), Andrea Baneira Súarez (Investigadora predoutoral da Area de Dereito do Traballo e da Seguridade Social) e Xosé Manuel Carril Vázquez (Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social).
Date of event: From 9/23/2026 to 10/27/2026
Date of inscription: From 7/30/2026 to 9/11/2026
Date of registration: From 9/14/2026 to 9/17/2026
Price Modalidade presencial: 30,00 €
Price Modalidade non presencial: 100,00 €
Contact phone: 881014458
Email: i.varelac@fuac.udc.es
Curso de especialización en dereito dixital e intelixencia artificial do traballo e da seguridade Social