Protección de Datos na empresa e as organizacións: goberno corporativo, xestión do risco e cumprimento ante contornas tecnolóxicas complexas

Matrícula

Formalizar matrícula 150,00  €

Información xeral

Axencia Española de Protección de Datos e a Universidade da Coruña presentan o curso de verán “Protección de datos na empresa e as organizacións: goberno corporativo, xestión do risco e cumprimento ante contornas tecnolóxicas complexas”, un encontro de referencia para analizar os principais desafíos do cumprimento normativo na era dixital.

 

O curso reunirá a representantes institucionais e persoas expertas de organizacións públicas e privadas de primeiro nivel, co obxectivo de transformar a visión da privacidade: de un mero trámite burocrático a un activo estratéxico esencial para o Gobierno Corporativo. 

 

Obxectivos do curso

Para responder á complexidade do ecosistema tecnolóxico actual, o programa estructúrase en torno a catro obxectivos fundamentais:

  • Compatibilizar innovación e regulación: analizando o desenvolvemento da Intelixencia artificial dentro do marco normativo actual, con participación da AESIA e a AEPD.
  • Fortalecer a dilixencia debida: afondarase na responsabilidad dos órganos de goberno ante as brechas de seguridade e a xestión de riscos en empresas, especialmente en empresas cotizadas.
  • Definir funcións: delimitar as funcións e incompatibilidades do Delegado/a de Protección de Datos (DPD), así como a súa coordinación con outras áreas de cumprimento normativo.
  • Impulsar a investigación e a transparencia: ofrecendo unha visión integral sobre a integración da protección de datos no compliance e bo goberno.

 

Información xeral:

  • Celebración: 15 e 16 de xullo de 2026
  • Lugar: Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña. Rúa da Maestranza, 9, 15001, A Coruña
  • Modalidade de asistencia: Presencial. 
  • Horario:
    • Mércores
      • Maña: de 9:15h a 14:00h
      • Tarde: de 16:00h a 16:45h
    • Xoves
      • Mañá: de 9:30h a 14:00h
      • Tarde: de 16:00h a 16:45h
  • Matrícula: desde o 18 de maio ao 10 de xullo de 2026.
  • Matrícula xeral: 150,00€ 

 

Emitirase certificación de asistencia, que se terá en conta como formación para a renovación do certificado de DPD do esquema da Axencia de Protección de Datos.

 

Dirección académica
Lorenzo Cotino Óso
Presidente da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD)

Francisco Pérez Bes
Adxunto á presidencia da AEPD

Coordinación
Ana Aba Catoira
Universidade da Coruña

Datas

Data de celebración: Do 15/07/2026 ó 16/07/2026
Data de matrícula: Do 18/05/2026 ó 10/07/2026

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 150,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881012365
Enderezo electrónico: sandra.lopezj@fuac.udc.es

Comparte esta información

Protección de Datos na empresa e as organizacións: goberno corporativo, xestión do risco e cumprimento ante contornas tecnolóxicas complexas

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 15/07/2026 ó 16/07/2026
Horario: 15 de julio de 9:15h a 14:00h y de 16:00 a 16:45h y 16 de julio de 9:30h a 14:00h y de 16:00h a 16:45h
Lugar: A Coruña
Matrícula: 150,00 €