Bolsas de formación Cátedra HM de Traumatología del deporte de la UDC 2026

Pre-registration

Pre-registration

Event description

A Cátedra HM-UDC de Traumatoloxía del deporte, impulsada polo grupo HM Hospitales e a Universidade da Coruña, ten entre os seus obxectivos fundamentais promover unha formación de calidade no campo de Traumatoloxía do Deporte nos ámbitos da Medicina, Fisioterapia e da Educación Física, da que poden aproveitarse os profesionais da contorna da UDC e da cidade de A Coruña.

 

É por iso que a Cátedra HM-UDC convoca para o curso académico 2025-2026 unha bolsa de formación para médicos interesados no ámbito da Traumatoloxía do Deporte. Ofrece a médicos que non tivesen unha formación específica dentro do seu programa de estudos de Medicina, nin nas diferentes especialidades médicas vía M.I.R. a posibilidade de realizar unha formación específica no ámbito da Traumatoloxía do Deporte, nun centro de referencia nacional e internacional. 

 

Presentación de solicitudes

O prazo de solicitude comezará desde a publicación ata o 30 de xuño de 2026

 

Bolsas e contías

A contía da bolsa será de 10.000 euros (período de formación de 12 meses).*

*Excepcionalmente poderán considerarse períodos de formación de 6 meses. Neste caso a contía da bolsa será de 5.000 euros. 

 

As bolsas iniciaranse durante o ano 2026 e os lugares de desenvolvemento serán: 

  • O Instituto Médico Arriaza e Asociados.
  • O Hospital HM Modelo (A Coruña).

 

Os requisitos para os aspirantes son:

  • Estar en posesión do título de Licenciado en Medicina.

 

Valoraránse como méritos:

  • Estar en posesión do título de Especialista en Ciruxía Ortopédica e Traumatoloxía.
  • Dedicación ao ámbito do deporte, como deportista activo ou a través de publicacións, presentacións en cursos e congresos, etc.

 

Os baremos de avaliación dos méritos dependendo do grao de afinidade destes coa temática da bolsa son:

 

Título de licenciado en medicina ou equivalente (expediente académico) 40%
Especialidade en Traumatoloxía 20%
Doutorado 15%
Cursos de formación (másteres, cursos de especializacion, etc.) 10%
Publicacións científicas 10%
Outros méritos 5%

 

 

 

 

           

       

                 

Consulta aquí as bases da convocatoria

Documents to be submitted

Documentación obrigatoria a achegar no momento da realización da inscrición:

  • Obrigatoria 
  1. ​D.N.I. vixente ou documento equivalente.
  2. Título de licenciado en medicina acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:
    • Será un dos seguintes: Copia do titulo universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico personal con data de depósito do título.
  3. Curriculum vitae.
  • Opcional (rógase achegar se se dispón):
  1. Certificado de colexiado no Colexio Oficial de Médicos de A Coruña.
  2. Seguro de enfermedades e accidentes (estendido a España, no seu caso).
  3. Seguro de responsabilidade Civil- Mala praxis (estendido a España, no seu caso).
  4. Certificado de conta bancaria española. 

Dates

Date of event: From 7/31/2026 to 8/31/2027
Date of inscription: From 5/5/2026 to 6/30/2026

Official website

https://www.fundacion.udc.es/catedra-hm-udc/

Attached documentation

Download information

Help and information

Contact phone: 881011171
Email: belen.pazos@udc.es

Share this information

Bolsas de formación Cátedra HM de Traumatología del deporte de la UDC 2026

  Attached documentation
Download information
  Information
Date: From 7/31/2026 to 8/31/2027
Schedule:
Location: A Coruña
Pre-registration