A Cátedra HM-UDC “Traumatoloxía do deporte”, impulsada polo grupo HM Hospitales e a Universidade da Coruña, ten entre os seus obxectivos fundamentais o recoñecemento da investigación de calidade que se está desenvolvendo en Galicia no ámbito da traumatoloxía deportiva, así como a diseminación dos resultados da investigación e a transferencia do coñecemento.
O premio Cátedra HM_UDC á mellor publicación científica, busca dar visibilidade ás actividades relacionadas coa Traumatoloxía do Deporte en España. Conséguese, así, incentivar a produción científica de calidade e difundir os resultados da investigación e as actividades da Cátedra.
Os traballos deben versar sobre calquera ámbito da Traumatoloxía do Deporte.
Concederase un único premio de 1.500 euros.
DIRIXIDO A
Poderán optar a este premio os traballos publicados, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025, en revistas científicas españolas que aparezan citadas en revistas indexadas no Journal Citation Report (JCR) da última edición dispoñible.
Quedan excluídos desta convocatoria artigos do tipo: material editorial e cartas, así como publicacións en revistas científicas de ámbito internacional.
Cada grupo de investigación/traballo só poderá presentar unha solicitude.
Os solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase coa publicación das presentes bases e finalizará o 30 de xuño de 2026 ás 23:59h
AVALIACIÓN DAS PUBLICACIÓNS
As publicacións que opten ao premio e cumpran os requisitos dos puntos 2 e 3 das bases da convocatoria (requisitos dos solicitantes e criterios de selección das publicacións), serán avaliadas polo Comité Científico designado para ese efecto pola Cátedra.
As publicacións deben destacar por algún criterio de calidade de excelencia científica (decil, cuartil, factor de impacto, etc.).
Valorarase positivamente:
O Comité Científico avaliará as solicitudes durante o mes seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes. Ao longo do proceso poderá solicitarlle ás candidaturas finalistas a acreditación dos documentos indicados.
Consulta aquí as bases da convocatoria
Data de celebración: Do 01/01/2025 ó 31/12/2025
Data de inscrición: Do 05/05/2026 ó 30/06/2026
https://www.fundacion.udc.es/catedra-hm-udc/
Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es
Premio á mellor publicación científica do ano 2025 en Traumatoloxía do Deporte