MLIR Summer School 2026

Inscrición

Solicitar inscrición

Matrícula

Course without accommodation 275,00  € Full course with accommodation in a double room 550,00  € Full course with accommodation in a single room 750,00  € Half scholarship with accommodation 250,00  €

Información xeral

A escola, organizada polo Grupo de Arquitectura de Computadores (UDC) e promovida por INRIA e DeepGreen, diríxese a estudantes de máster e doutoramento, persoal investigador e profesionais do ámbito de compiladores e sistemas para IA e HPC. Contará con cursos introdutorios, talleres prácticos, sesións avanzadas e un Día de Comunidade, fomentando a interacción entre academia e industria.

 

O obxectivo é adquirir competencias conceptuais e prácticas en MLIR (Multi-Level Intermediate Representation), acceder a ferramentas e metodoloxías de vangarda, e favorecer a creación de redes internacionais. Ademais, búscase reforzar a visibilidade de Galicia como sede de eventos científico-tecnolóxicos e contribuír aos obxectivos estratéxicos do programa Horizonte Europa en áreas como computación de alto rendemento, IA confiable e eficiencia enerxética.

 

A experiencia acumulada en edicións anteriores (París e Cambridge) e o respaldo dun comité científico de expertos en MLIR aseguran a excelencia académica e o impacto global da escola.

 

INFORMACION:

  • Datas de celebración: 10 – 14 de agosto de 2026
  • Lugar: Hotel Faranda Rías Altas, Perillo, Oleiros
  • Formato: presencial*1
  • Horario: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 (excepto venres 14 que só haberá sesión de mañá).
  • Data límite de inscrición: 15 de maio de 2026 a través da seguinte ligazón [pica aquí]. 
  • Admisión: Unha vez finalizado o prazo de inscrición as solicitudes serán revisadas e clasificadas tendo en conta a motivación, os antecedentes e os criterios de inclusión, como a diversidade xeográfica e de xénero.
  • Período de inscrición e matrícula: do 1 de xuño ao 15 de xuño de 2026.
  • Matrícula*2
    • Curso sen aloxamento (só actividades, xantar e descansos): 275€
    • Curso completo (con aloxamento compartido en cuarto dobre en pensión completa): 550€
    • Curso completo (con aloxamento compartido en cuarto dobre de uso individual en pensión completa): 750€
    • Bonificadas:
      • Media bolsa (con aloxamento compartido en cuarto dobre en pensión completa): 250€
      • Bolsa completa (con aloxamento compartido en cuarto dobre en pensión completa): gratuíto.

*1Aforo limitado. 

*2A matrícula inclúe, o cuarto en pensión completa [só no caso de reservalo con cuarto compartido ou individual], as actividades sociais e, se a climatoloxía o permite, organizarase unha excursión para observar a eclipse, incluíndo traslados e bolsa de picnic. 

 

Para os pagos mediante transferencia bancaria, o importe deberá abonarse na conta nº ES04 2080 0000 7030 4016 3391 (BIC/SWIFT:CAGLESMMXXX), indicando como concepto: FOR00226 + nome e apelidos. 


Web: https://mlir-school.github.io/summer-2026/ 

Datas

Data de celebración: Do 10/08/2026 ó 14/08/2026
Data de inscrición: Do 29/05/2026 ó 15/06/2026
Data de matrícula: Do 29/05/2026 ó 15/06/2026

Web oficial

https://mlir-school.github.io/summer-2026/

Importes

Tarifa Course without accommodation: 275,00
Tarifa Full course with accommodation in a double room: 550,00
Tarifa Full course with accommodation in a single room: 750,00
Tarifa Half scholarship with accommodation: 250,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

MLIR Summer School 2026

  Datos
Data: Do 10/08/2026 ó 14/08/2026
Horario: 10:00 AM to 2:00 PM and 4:00 PM to 8:00 PM (except Friday, August 14, which will only have a morning session).
Lugar: Perillo, Oleiros (A Coruña)
Solicitar inscrición