Italiano B2.2

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Estudantado 180,00  € Persoal da UDC 240,00  € Público xeral 300,00  €

Información xeral

Este curso está orientado ao uso instrumental da lingua italiana nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe consolidar as competencias do nivel B2 (usuario independente, segunda parte do nivel B2 intermedio alto), de acordo cos seis niveis que se recoñecen no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

No final do curso, o estudantado dominará as estruturas lingüísticas necesarias para empregar a lingua con destreza na maior parte das situacións cotiás e tamén en situacións pouco previsíbeis; poderá entender textos orais e escritos con certa complexidade e será capaz de defender distintos puntos de vista sobre cuestións xerais.

► O curso está concibido para alumnado que teña realizado polo menos 270 horas de módulos previos ou que teña superado o nivel B2.1.

 

Documentación a achegar

Os estudantes da UDC deben xuntar a  matrícula universitaria do curso vixente.

Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Créditos

Créditos: 3

Datas

Data de celebración: Do 05/02/2026 ó 12/05/2026
Data de inscrición: Do 07/01/2026 ó 27/01/2026
Data de matrícula: Do 20/01/2026 ó 28/12/2026

Importes

Tarifa Estudantado: 180,00
Tarifa Persoal da UDC: 240,00
Tarifa Público xeral: 300,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881 01 4751 / 4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es

Comparte esta información

Italiano B2.2

  Datos
Data: Do 05/02/2026 ó 12/05/2026
Horario: Martes e xoves, 16:00 a 18:00 h.
Lugar: A Coruña