Prazo de inscrición pechado.
O vindeiro sábado 22 de novembro de 2025, celebrarase a VI Xornada "Exercicio Físico e Cancro" no Hotel NH Collection Santiago de Compostela, situado en Santiago de Compostela.
O evento terá lugar en horario de mañá e tarde: 9:45 a 13:45 h e de 16:00 a 18:00 h.
Esta xornada está organizada pola Cátedra SXD Galicia Activa, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Cátedra AECC-UDC exercicio contra o cancro, e ten como obxectivo profundar no papel do exercicio físico como ferramenta clave, eficaz e segura tanto para a prevención como para o tratamento do cancro.
A xornada explorará o impacto do exercicio con especial atención á oncoloxía pediátrica, a cardiotoxicidad e o cancro de mama. Prestixiosos/-as investigadores/-as compartirán investigacións, experiencias clínicas e proxectos innovadores. A maiores, celebrarase (en horario de mañá) unha mesa redonda cos testemuños de pacientes e deportistas oncolóxicos, así como profesionais do exercicio físico implicados no proceso, ofrecendo unha visión ampla sobre os desafíos afrontados.
Contaremos cos seguintes relatores:
A clausura do evento estará a cargo de Mariña Morán Moset, a directora de Coñecemento e Asuntos Médicos da Asociación Española Contra o Cancro.
Para a asistencia e participación na xornada requírese inscrición previa a través do seguinte enlace (pica aquí). O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 19 de novembro de 2025 ata as 13:00 ou ata completar prazas.
XORNADA GRATUÍTA!! Se estás interesado/a inscríbete, prazas limitadas!!!
RELATORES (consulta o seu cv aquÍ)
Dirixido a:
Día de celebración: sábado, 22 de novembro de 2025.
Lugar de celebración: Hotel NH Collection Santiago de Compostela (Av. do Burgo das Nacións, 4, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).
Horario: de 9:45 a 13:45 e de 16:00 a 18:00h
Modalidade: Presencial
Inscrición: ata o 19 de novembro de 2025 ás 13:00h (ou ata completar aforo)*
*Aforo limitado. As prazas asignaránse por orde de inscrición.
Expediráse certificación acreditativa de asistencia.
Data de celebración: Do 22/11/2025 ó 22/11/2025
Data de inscrición: Do 03/11/2025 ó 19/11/2025
https://www.fundacion.udc.es/catedra-galicia-activa/
Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es