Máster en Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital

Información xeral

Sétima edición dun posgrao destinado a profesionais, licenciadas/os e estudantes que cobre un perfil moi demandado polas empresas, onde poderás aprender a programar, xunto coa ideación, validación e comercialización dun negocio dixital na empresa.

 

O obxectivo é formar a profesionais de perfís moi diversos para o deseño, desenvolvemento e comercialización internacional de produtos e servizos dixitais. Está orientado á formación permanente de carácter dual, que sirva para capacitar cara á empregabilidade en perfís profesionais de gran demanda e futuro laboral. 

 

Búscase un enfoque multidisciplinar e orientado a perfís moi diversos, co fin de reciclar e capacitar cara á empregabilidade en perfís profesionais de gran demanda e futuro laboral.

 

INFORMACIÓN

  • Datas de impartición: do 1 de outubro ao 30 de xuño de 2025.
  • Lugar: Presencial na Aula POP3 da Facultade de Economía e Empresa e en remoto a través do Campus DUAL TIC.
  • Horario: Full time, de luns a venres. 
  • Créditos: 60 ECTS.
  • Matrícula (poderase fraccionar en tres prazos correspondentes aos meses de outubro de 2025, xaneiro e abril de 2026):
    • Xeral: 4.000 euros
    • Bonificada: 3.500 euros se a inscrición realizase no primeiro prazo (do 2 de xuño ao 6 de xullo) e, tras ser admitido/a, realizarase a matrícula antes do 20 de xullo. 
  • Modalidade: Mixta (online + presencial), con prácticas remuneradas en empresas do sector IT.
  • Avaliación: Avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. É obrigatoria a presentación dun TFM (Traballo de Fin de Máster).
  • Número de alumnos: Mínimo 20, Máximo 30.
  • Primeiro prazo preinscrición e matrícula: 
    • Preinscrición: do 2 de xuño ao 6 de xullo de 2025.
    • Matrícula: do 14 de xullo ao 31 de xullo de 2025. 
  • Prazo extraordinario preinscrición e matrícula: 
    • Preinscrición: do 14 ao 31 de xullo de 2025.
    • Matrícula: do 13 ao 21 de setembro de 2025.

 

​Pica aquí para acceder á inscrición e matrícula do Máster en Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital

 

REQUISITOS DE ACCESO:

Serán admitidos as/os alumnas/os que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ser titulada/o universitaria/o en titulacións relacionadas con:
    1. Empresa (ADE, empresariais, económicas, comercio e marketing, turismo, organización...)
    2. Tecnoloxía (informática, telecomunicacións, industriais...)
    3. Ciencias (matemáticas, física, química...)
  2. Posuir un título propio da UDC do primeiro ciclo e de segundo ciclo.

 

Asimesmo, podrerán ser admitidas/os:

  1. Alumnas/os de Grao co TFG pendente e ata un máximo de 9 créditos ECTS de materias pendentes; non obstante para defender o TFM deberá obter antes o título de Grao.  
  2. Profesionais TIC en activo. 

 

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección será atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional da/o alumna/o. Tamén terán prioridade as/os alumnas/os que terminen os estudos.  

 

Os criterios específicos serán os seguintes:

  • As/Os participantes seleccionásense tendo en conta a seguinte ponderación sobre a nota media da titulación:
    Ponderacións por titulación MDS&ND. 
    • 1_ADE; Economía; Empresa; Xestión Industrial da Moda; Informática; Enxeñarías; Mercadotecnia; Comercio Internacional, Turismo.
    • 0,8_Dereito; Relacións Internacionais; Ciencias Políticas; Relacións Laborais; Cultura e Economía; Xestión e Administración Pública; Comunicación.
    • 0,5_Arquitectura
    • 0,3_Psicoloxía, Pedagoxía, Socioloxía, Educación, Medicina, Farmacia, Fisioterapia, Química
    • 0,2_Filoloxía, Letras, Traducción e Interpretación, Logopedia, Historia da Arte; Ciencias Aplicadas.
  • Alumnas/os de Grao co TFG pendente e, como máximo, 9 creditos ECTS de materias pendentes; non obstante, en ningún caso poderá defender o TFM se previamente non obtivo o titulo de Grao.
  • Currículum profesional vinculado a Profesionais TIC en activo.

 

PREINSCRICIÓN:

As/Os alumnas/os interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 02/06/2025 ao 6/7/2025 (primeiro prazo), 14/07/2025 ao 31/07/2025 (prazo extraordinario), tendo en conta que o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo. Deberán enviar a documentación ao seguinte mail  info@campusdual.com

 

En caso de solicitar Bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, anexando a documentación acreditativa que sexa solicitada. 

 

MATRICULA:

Tras o proceso de preinscrición, as/os alumnas/os admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 4.000€ ou 3.500€ (matrícula bonificada se a preinscrición a realízase no primeiro prazo (do 2 de xuño ao 6 de xullo) e, tras ser admitida/o, realízase a matrícula antes do 20 de xullo de 2025.

 

Poderase abonar nun só prazo do 14/07/2025 ao 31/07/2025 (primeiro prazo), 13/09/2025 ao 21/09/2025 (prazo extraordinario) ou  fraccionar en tres prazos, correspondentes aos meses de outubro de 2025, xaneiro e abril de 2026. 

 

SOLICITUDE DE BOLSA

Concederanse as bolsas que marca o Regulamento de Estudos de Posgraduado establece como obrigatorias no seu artigo 49 "A porcentaxe de prazas para persoas bolseiras non será inferior ao 10% do número de alumnado matriculado e a contía das bolsas será como mínimo o 50% do prezo da matrícula". 

 

Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aquelas/es alumnas/os admitidas/os, tras efectuar a preinscrición, que cumpran os seguintes requisitos (ambos):

  • Estar rexistrada/o como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego Galego.
  • Estar en situación social ou económica de necesidade especial.

 

No momento de solicitar a bolsa a/o alumna/o deberá achegar a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI da/o solicitante e dos demais membros computables da unidade familiar.
  • Certificado de empadroamento da unidade familiar (certificado conxunto de convivencia da unidade familiar).
  • Declaración da Renda 2023 da Unidade Familiar (Unidade Familiar: o pai e a nai (ou o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor). Estes son os sustentadores principais da familia e a súa renda e patrimonio compútase ao 100%.).
  • Tarxeta de demandante de Emprego, se é o caso.
  • Certificado de discapacidade do solicitante da bolsa, se é o caso.

 

Para outorgar as bolsas de axuda, seleccionaranse entre aquelas persoas que acrediten estar en situación de desemprego e destas, aquelas que acheguen unha declaración da renda con menor ingresos.

 

Unha vez matriculados todas/os as/os alumnas/os, valoraranse as solicitudes de bolsa que cumpran cos requisitos establecidos. As/Os alumnas/os con bolsas concedidas notificaráselles por escrito.

 

Director do curso: Félix Sergio, Blázquez Lozano

Créditos

Créditos: 60

Datas

Data de celebración: Do 01/10/2025 ó 30/06/2025

Web oficial

https://www.campusdual.com/master-software-y-negocio-digital/

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Máster en Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital

  Datos
Data: Do 01/10/2025 ó 30/06/2025
Horario:
Lugar: A Coruña