Máster en Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital

Información xeral

Sétima edición dun posgrao destinado a profesionais, licenciados e estudantes que cobre un perfil moi demandado polas empresas, onde poderás aprender a programar, xunto coa ideación, validación e comercialización dun negocio dixital na empresa.

 

O obxectivo é formar a profesionais de perfís moi diversos para o deseño, desenvolvemento e comercialización internacional de produtos e servizos dixitais. Está orientado á formación permanente de carácter dual, que sirva para capacitar cara á empregabilidade en perfís profesionais de gran demanda e futuro laboral. 

 

Búscase un enfoque multidisciplinar e orientado a perfís moi diversos, co fin de reciclar e capacitar cara á empregabilidade en perfís profesionais de gran demanda e futuro laboral.

 

INFORMACIÓN

  • Datas de impartición: do 1 de outubro ao 30 de xuño de 2025.
  • Lugar: Presencial na Aula POP3 da Facultade de Economía e Empresa e en remoto a través do Campus DUAL TIC.
  • Horario: Full time, de luns a venres. 
  • Créditos: 60 ECTS.
  • Matrícula (poderase fraccionar en tres prazos correspondentes aos meses de outubro de 2025, xaneiro e abril de 2026):
    • Xeral: 4.000 euros
    • Bonificada: 3.500 euros se a inscrición realizase no primeiro prazo (do 2 de xuño ao 6 de xullo) e, tras ser admitido/a, realizarase a matrícula antes do 20 de xullo. 
  • Modalidade: Mixta (online + presencial), con prácticas remuneradas en empresas do sector IT.
  • Avaliación:  Avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. É obrigatoria a presentación dun TFM (Traballo de Fin de Máster).
  • Número de alumnos: Mínimo 20, Máximo 30.
  • Primeiro prazo preinscrición e matrícula: 
    • Preinscrición: do 2 de xuño ao 6 de xullo de 2025.
    • Matrícula: do 14 de xullo ao 31 de xullo de 2025. 
  • Prazo extraordinario preinscrición e matrícula: 
    • Preinscrición: do 14 ao 31 de xullo de 2025.
    • Matrícula: do 13 ao 21 de setembro de 2025.

 

​Pica aquí para acceder á inscrición e matrícula do Máster en Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital

 

REQUISITOS DE ACCESO:

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ser titulado universitario en titulacións relacionadas con:
    1. Empresa (ADE, empresariais, económicas, comercio e marketing, turismo, organización...)
    2. Tecnoloxía (informática, telecomunicacións, industriais...)
    3. Ciencias (matemáticas, física, química...)
  2. Posuir un título propio da UDC do primeiro ciclo e de segundo ciclo.

 

Asimesmo, podrerán ser admitidos:

  1. Alumnos de Grao co TFG pendente e ata un máximo de 9 créditos ECTS de materias pendentes; non obstante para defender o TFM deberá obter antes o título de Grao.  
  2. Profesionais TIC en activo. 

 

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección será atendendo á súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno. Tamén terán prioridade os alumnos que terminen os estudos.  

 

Os criterios específicos serán os seguintes:

  • Os participantes seleccionásense tendo en conta a seguinte ponderacion sobre a nota media da titulacion:
    Ponderacións por titulación MDS&ND. 
    • 1_ADE; Economía; Empresa; Xestión industrial da Moda; Informática; Enxeñarías; Mercadotecnia; Comercio Internacional, Turismo.
    • 0,8_Dereito; Relacións Internacionais; Ciencias Políticas; Relacións Laborales; Cultura e Economía; Xestión e Administración Pública; Comunicación.
    • 0,5_Arquitectura
    • 0,3_Psicoloxía, Pedagoxía, Socioloxía, Educación, Medicina, Farmacia, Fisioterapia, Química
    • 0,2_Filoloxía, Letras, Traducción e Interpretación, Logopedia, Historia da arte; Ciencias aplicadas.
  • Alumnos de Grao co TFG pendente e, como máximo, 9 creditos ECTS de materias pendentes; non obstante, en ningun caso poderá defender o TFM se previamente non obtivo o titulo de Grao.
  • Currículum profesional vinculado a Profesionais TIC en activo.

 

PREINSCRICIÓN:

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 02/06/2025 ao 6/7/2025 (primeiro prazo), 14/07/2025 ao 31/07/2025 (prazo extraordinario), tendo en conta que o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo. Deberán enviar a documentación ao seguinte mail  info@campusdual.com

 

En caso de solicitar Bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, anexando a documentación acreditativa que sexa solicitada. 

 

MATRICULA:

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 4.000€ ou 3.500€ (matrícula bonificada se a preinscrición realízase no primeiro prazo (do 2 de xuño ao 6 de xullo) e, tras ser admitido/a, realízase a matrícula antes do 20 de xullo de 2025.

 

Poderase abonar nun só prazo do 14/07/2025 ao 31/07/2025 (primeiro prazo), 13/09/2025 ao 21/09/2025 (prazo extraordinario) ou  fraccionar en tres prazos, correspondentes aos meses de outubro de 2025, xaneiro e abril de 2026. 

 

SOLICITUDE DE BOLSA

Concederanse as bolsas que marca o Regulamento de Estudos de Posgraduado establece como obrigatorias no seu artigo 49 "A porcentaxe de prazas para persoas bolseiras non será inferior ao 10 % do número de alumnado matriculado e a contía das bolsas será como mínimo o 50 % do prezo da matrícula". 

 

Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición, que cumpran os seguintes requisitos (ambos):

  • Estar rexistrado como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego Gallego.
  • Estar en situación social ou económica de necesidade especial.

 

No momento de solicitar a bolsa o alumno deberá achegar a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI do solicitante e dos demais membros computables da unidade familiar.
  • Certificado de empadroamento da unidade familiar (certificado conxunto de convivencia da unidade familiar).
  • Declaración da Renda 2023 da Unidade Familiar (Unidade Familiar: o pai e a nai (ou o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor). Estes son os sustentadores principais da familia e a súa renda e patrimonio compútase ao 100%.).
  • Tarxeta de demandante de Emprego, se é o caso.
  • Certificado de discapacidade do solicitante da bolsa, se é o caso.

 

Para outorgar as bolsas de axuda, seleccionaranse entre aquelas persoas que acrediten estar en situación de desemprego e destas aquelas que acheguen unha declaración da renda con menor ingresos.

 

Unha vez matriculados todos os alumnos, valoraranse as solicitudes de bolsa que cumpran cos requisitos establecidos. Os alumnos con bolsas concedidas notificaráselles por escrito.

 

Director do curso:  Félix Sergio, Blázquez Lozano

Créditos

Créditos: 60

Datas

Data de celebración: Do 01/10/2025 ó 30/06/2025

Web oficial

https://www.campusdual.com/master-software-y-negocio-digital/

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Máster en Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital

  Datos
Data: Do 01/10/2025 ó 30/06/2025
Horario:
Lugar: A Coruña