Prazo de inscrición pechado.
O vindeiro sábado 18 de outubro de 2025, celebrarase a V Xornada "A saúde no deporte de alto nivel" no Hotel Oca Porta do Camiño situado en Santiago de Compostela.
O evento terá lugar en horario de mañá: 9:00 a 14:30 h.
Esta xornada está organizada pola Cátedra SXD Galicia Activa, en colaboración coa Xunta de Galicia, e ten como obxectivo profundar no papel da saúde física e mental como piares fundamentais no rendemento deportivo de alto nivel.
A xornada profundará no impacto que as lesións teñen na carreira profesional dos deportistas de élite, así como nos desafíos psicolóxicos que enfrontan en contornas de máxima esixencia. Contará coa participación de expertos de alto prestixio, estreitamente vinculados ao deporte profesional, que compartirán non só os seus coñecementos, senón tamén unha perspectiva práctica e especializada baseada na súa experiencia directa no alto rendemento. Ademais, celebraranse dúas mesas redondas. Unha delas estará centrada na saúde física e outra na saúde mental, reunindo así os testemuños de deportistas e profesionais do ámbito, e na que os asistentes poderán formular preguntas e/o comentarios.
Contaremos cos seguintes relatores:
Para a asistencia e participación na xornada requerirase inscrición previa. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de outubro de 2025 ou ata completar aforo.
XORNADA GRATUÍTA!! Se estás interesado/a inscríbete, prazas limitadas!!!
RELATORES (consulta o seu cv aquÍ)
Dirixido a:
Día de celebración: sábado, 18 de outubro de 2025
Lugar de celebración: Hotel Oca Puerta del Camino, Santiago de Compostela
Horario: de 9:00 a 14:30 h.
Modalidade: Presencial
Inscrición: ata o 15 de octubre de 2025 ata as 13:00h (ou ata completar aforo).
*Aforo limitado. As prazas asignaránse por orde de inscrición.
Expediráse certificación acreditativa de asistencia.
Data de celebración: Do 18/10/2025 ó 18/10/2025
Data de inscrición: Do 22/09/2025 ó 15/10/2025
https://www.fundacion.udc.es/catedra-galicia-activa/
Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es