Máster de Formación Permanente en Xerontología e Xeriatría
O principal obxectivo do Máster é a formación e acreditación de profesionais no campo da xerontoloxía e a xeriatría, no que se pretende dotar de competencias aos egresados para que poidan incorporarse aos equipos de valoración e intervención xerontolóxicos, tanto do ámbito sanitario como sociosanitario e, mesmo, actuar como asesores/consultores deste sector en franco crecemento.
Os principais obxectivos que pretendemos alcanzar coa titulación que presentamos son:
INFORMACIÓN
Pica aquí para acceder á inscrición e matrícula do mestrado de Formación Permanente en Xerontología e Xeriatría
REQUISITOS DE ACCESO:
Para acceder ao título do Máster é requisito imprescindible estar en posesión de titulación universitaria.
PREINSCRICIÓN:
Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse do 2/7/2025 ao 11/07/2025 (prazo ordinario) ou do 4/8/2025 ao 12/09/2025 (prazo extraordinario), tendo en conta que o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.
VACANTES: A partir do 15 de setembro de 2025, en caso de existir prazas libres, o alumno poderá preinscribirse ata o 30 de setembro de 2025 e en caso de cumprir os requisitos, matricularse ata a cobertura das mesmas.
Unha vez realizada a preinscrición nos prazos establecidos, a Comisión Académica do Mestrado, de acordo ao baremo de selección, publicará a lista de admitidos/suplentes/excluídos, que deberán de proceder a matricularse de acordo aos prazos marcados.
Baremo de selección/Admisión:
A puntuación final será a suma da media do expediente académico máis a puntuación outorgada pola titulación aportada.
No caso de solicitar Bolsa realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscripción, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.
MATRÍCULA:
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula de 1.600 euros, que poderá abonarse de acordo ás normas establecidas pola Universidade da Coruña.
SOLICITUDE DE BOLSA:
Os criterios de concesión incluirán a valoración do expediente, méritos académicos e a renda por unidade familiar.
De acordo á normativa desta Universidade, o número de bolsas ofertadas será do 10% sobre o número de alumnos matriculados. Os criterios de concesión incluirán os ingresos por unidade familiar e número de conviventes que ponderarán o 60% da puntuación final, obtendo a puntuación de 10 o solicitante que ingrese menos por persoa/unidade familiar e unha puntuación proporcional para o resto, e a cualificación resultante da suma da media do expediente académico e a titulación de acceso, que ponderará un 40%.
A contía das bolsas será do 50% do importe total da matrícula.
Para a concesión das bolsas realizarase a seguinte ponderación entre os ingresos por unidade familiar e o expediente académico: Ingresos persoa/unidade familiar (60%) + Nota Media Expediente Académico + Puntuación afinidade titulación (40%).
SECRETARÍA ADMINISTRATIVA:
E-mail: grupo.investigacion.gerontologia@udc.gal
Teléfono: 981167000. Ext.: 5865 de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00h
CONSULTAS ACADÉMICAS
Director do curso: José Carlos Millán Calenti
E-mail: jose.millan.calenti@udc.es
Web: https://gigg.udc.es/master-en-valoracion-e-intervencion-en-gerontologia-y-geriatria/
Tanto a preinscrición como a matrícula do Máster de Formación Permanente en Xerontoloxía e Xeriatría da Universidade da Coruña realizarase de maneira en liña a través da páxina web da Universidade da Coruña (UDC) e incluirá, polo menos, a seguinte documentación:
Para solicitantes con titulación universitaria non homologada en España, o artigo 9 do Regulamento de Estudos Propios de Posgrao da UDC establece que as persoas que posúan un título universitario non homologado en España poderán acceder aos máster e cursos de posgrao da UDC sen necesidade de homologación previa daquel. Para iso bastará unha autorización do reitor, previo informe do director do estudo de posgrao.
Neste caso, ademais da documentación anterior, deberase presentar:
Créditos: 60
Data de celebración: Do 06/10/2025 ó 30/06/2026
https://gigg.udc.es/master-en-valoracion-e-intervencion-en-gerontologia-y-geriatria/
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es
Máster de Formación Permanente en Xerontología e Xeriatría