Curso de verán “O papel da eólica marina como vector socieconómico e tecnolóxico da transición enerxética en Galicia: retos e oportunidades”.

Información xeral

Desde o Grupo de Investigación en Regulación, Economía e Finanzas da UDC  levan máis de 15 anos investigando en temas de Economía da Enerxía. Este Curso de Verán sobre a eólica mariña,  trata os avances da Transición Enerxética en Galicia, os seus retos e as oportunidades que temos como rexión líder na produción de enerxía eléctrica no Estado español. Cunha temática distinta, este curso pretende ofrecer certa continuidade do Curso de Verán sobre Transición Enerxética celebrado o ano pasado 2024 grazas a colaboración coa Cátedra Greenalia-UDC.  

 

Ao longo do curso analizaranse os retos e oportunidades que ten a eólica mariña desde as distintas ópticas: académica, política, tecnolóxica, socieconómica, profesional e empresarial. 

 

Os obxectivos principais son:

  • Achegar unha visión completa e experta, desde as distintas perspectivas, da cadea de valor da eólica mariña: o A través dxs distintos relatores convidados: expertxs académixos de recoñecido prestixio, tecnólogxs e profesionais destacadxs nas empresas da cadea de valor da eólica mariña. 
  • Reflexionar sobre o papel que debe e pode xogar Galicia como polo de atracción de proxectos de eólica mariña 
  • Poñer en valor o papel actual da UDC como axente chave de I+D+i no desenvolvemento de solucións para a eólica mariña.

 

INFORMACIÓN

  • Datas de celebración: martes, 25 de xuño ao venres 27 de xuño de 2025.
  • Horario: de 9:30h la 13:00h, e de 16:00h a 18:00h
  • Modalidade: presencial.
  • Lugar de celebración: Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa (Campus de Elviña s/n, 15008, A Coruña)
  • Período de inscrición: del 12 de maio ao 24 de xuño de 2025.
  • Matrícula:
    • Público Xeral: 20€
    • Reducida: 10€**
    • Bolseiro/a: de balde.
  • Nº prazas: 72 (bolseiro/a: 4; non bolseio/a: 68)

*Inscrición previa necesaria.

**A tarifa reducida aplica a: comunidade UDC, alumnado de outra universidade, personas desempregadas, pensionistas e persoas participantes na II convocatoria dos Premios Galicia Renovable para TFGs e TFMs da Cátedra Greenalia UDC.

 

Inscríbete aquí

 

Consulta aquí o programa

 

Dirección e secretatía 

Dirección: Dr. Fernando de Llano Paz. Departamento de Empresa da Facultade de Economía e Empresa (UDC) e Director da Cátedra Greenalia-UDC. Teléfono: 881012599. Correo-e: fernando.de.llano.paz@udc.es

Secretaría: Dr. Guillermo Iglesias Gómez. Departamento de Economía da Facultade de Economía e Empresa (UDC). Teléfono: 881012541. Correo-e: guillermo.iglesias@udc.es

Datas

Data de celebración: Do 25/06/2025 ó 27/06/2025

Web oficial

https://udcxest.udc.gal/xest/publica/actividad/ampliar.xhtml?idobjsel=3773

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Curso de verán “O papel da eólica marina como vector socieconómico e tecnolóxico da transición enerxética en Galicia: retos e oportunidades”.

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 25/06/2025 ó 27/06/2025
Horario: de 9:30h la 13:00h, e de 16:00h a 18:00h
Lugar: Salón de Graos da Fac. de Economía e Empresa UDC