Prazo de inscrición pechado.
O liño foi desde antigo unha das bases da industria téxtil galega. Logo dunha etapa de esplendor entre finais do século XVIII e comezos do XIX, a súa vitalidade acabou esmorecendo. No contexto da Costa da Morte mantívose algo máis e, de feito, nos últimos tempos prendeu unha iniciativa a prol do seu cultivo e a recuperación das técnicas téxtiles populares.
O Concello de Zas e o Consello da Cultura Galega organizan, en colaboración coa Universidade da Coruña e baixo a coordinación de Jorge Mira Pérez, membro do plenario do Consello da Cultura Galega, o simposio "O liño e as iniciativas emprendedoras transformadoras: estratexia para un desenvolvemento sostible na Costa da Morte", que pretende sondar se sobre esta industria téxtil tradicional é posible comezar unha estratexia de impulso socioeconómico na Costa da Morte, partindo desa reintrodución do cultivo do liño e identificando e fomentando oportunidades de valor económico e social mediante un programa de formación, emprendemento e aceleración de proxectos.
Esta estratexia comportaría un esforzo integral para revitalizar as comarcas da Costa da Morte e estaría baseada na especialización intelixente e as iniciativas emprendedoras transformadoras, combinando a análise de mercado, a formación e a incubación de empresas sostibles. Nun horizonte desexable, cunha avaliación e selección rigorosas en cada etapa, o proxecto aspiraría a asegurar un impacto positivo e duradeiro na economía e o tecido social de toda a bisbarra.
INFORMACIÓN DA XORNADA
*Inscrición aberta ata completar aforo
Máis información:
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais (pica aquí)
Data de celebración: Do 31/05/2025 ó 31/05/2025
Data de inscrición: Do 23/05/2025 ó 29/05/2025
Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es
O liño e as iniciativas emprendedoras transformadoras: estratexia para un desenvolvemento sostible na Costa da Morte