Crea e potencia a túa Marca Persoal

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

OBXECTIVO

Ser a nosa propia marca é importante porque permítenos a diferenciación do resto, permítenos ter recoñecemento por parte da audiencia e ser máis competitivos no plano profesional. 

A marca persoal ten que ver cos valores que queremos proxectar, na vida, no traballo ou na sociedade, como queremos ser percibidos. A clave é atopar a nosa marca persoal e saber como comunicala para mellorar os nosos obxectivos persoais e profesionais. 

Os asistentes aprenderán a ter unha folla de ruta clara e completa para crecer e transcender en calquera ámbito profesional no que compitan, aprendendo a posicionarse positivamente na mente das persoas coas que constantemente están a interactuar. 

 

MÉTODO  PROGRAMA

Desenvolveranse as técnicas clásicas de marketing e as actuais de neuromarketing, aplicadas a nosa persoa, sendo cada alumno o que deberá desenvolver a noción persoal de marca. 

Para iso practicaranse diferentes metodoloxías e dinámicas para coñecer:

- Obxectivos de crecemento persoal e profesional.

- Debilidades, fortalezas, e capacidades para analizar o grao de probabilidade de éxito na consecución dos devanditos obxectivos. 

Deseñaremos un plan de marca persoal propio baseado en métodos de análise, toma de decisións, posicionamiento en RRSS, posicionamiento de imaxe persoal, habilidades comunicativas e de venda, consecución de recursos, etc. 

 

DATAS E HORARIO

A duración do taller será de 12 horas, impartíndose en 4 sesións de 3 horas de duración cada unha. Ditas sesións realizaranse os martes dende o 28 de marzo ao 25 de abril (excepto o 11 de abril), en horario de 16:30 a 19:30.

Datas

Data de celebración: Do 28/03/2017 ó 25/04/2017
Data de inscrición: Do 27/03/2017 ó 27/03/2017
Data de matrícula: Do 24/03/2017 ó 28/03/2017

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 240,00
Tarifa Matricula con descuento: 192,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881012365
Enderezo electrónico: slopezj@udc.es

Comparte esta información

Crea e potencia a túa Marca Persoal

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 28/03/2017 ó 25/04/2017
Horario: de 16:30 a 19:30
Lugar: A Coruña
Matrícula: 240,00 €