Este curso busca enriquecer a oferta formativa da UDC sobre estudos marítimos, así como ampliar e profundar unha liña de actuación no ámbito do ensino, a investigación, a información e a difusión sobre os estudos, desde unha perspectiva internacional e da Unión Europea, relacionados cos mares e os acéanos e o seu impacto en Galicia que se está realizando desde o Instituto Universitario de Estudos Europeos "Salvador de Madariaga" da UDC a partir do ano 1997.
Nesta IV edición do curso, organizada no marco da Cátedra Jean Monnet "Derecho de la Unión Europea del mar" e cofinanciada pola Unión Europea, o obxectivo é achegar ás persoas interesadas polo mundo marítimo, desde moi diversas perspectivas, a situación actual dos mares e océanos desde unha aproximación da súa utilización responsable e sostible. Esta iniciativa pretende ofrecer unha perspectiva interdisciplinar das múltiples realidades que se atopan tras as actividades marítimas.
DIRIXIDO A:
Alumnado de grao, máster ou programas de doutoramento de universidades españolas e estranxeiras, directivos e técnicos de institucións públicas e privadas relacionadas co mar, profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios, membros da sociedade civil.
DATAS DE CELEBRACIÓN:
Do 7 de maio ao 18 de xuño de 2025.
HORARIO:
Mércores e xoves de 16:30 a 19:30h
LUGAR CELEBRACIÓN:
Modalidade on line: a través da plataforma MS TEAMS da UDC.
DATAS DE INSCRICIÓN:
Do 13 de marzo ao 5 de maio de 2025.
DATAS DE MATRICULA:
Do 13 de marzo ao 5 de maio de 2025.
CONTACTO:
Gabriela Oanta
PRAZAS:
30 prazas, que se cubrirán por rigurosa orde de inscrición.
MATRICULA:
Importe 80 euros.
Mais información: ver documentación adxunta.
Data de celebración: Do 07/05/2025 ó 18/06/2025
Data de inscrición: Do 11/03/2025 ó 05/05/2025
Data de matrícula: Do 11/03/2025 ó 05/05/2025
Tarifa oficial: 80,00 €
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es