III Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo

Información xeral

A finalidade desta convocatoria é fomentar a participación do alumnado da Universidade da Coruña no ámbito da sostenibilidade e o coidado do medio ambiente, mediante a elaboración dunha proposta multimedia (fotografía, infografía, ilustración, vídeo ou animación 2D e 3D) para a divulgación de aspectos científicos concretos relacionados coa economía circular, a agua, a enerxía e a xestión e valorización dos residuos industriais. Non se valorarán nesta convocatoria propostas relacionadas coa xestión de residuos sólidos urbanos, domésticos ou asimilables. 

 

Estes premios están dirixidos a estudantes matriculados no curso 2024-2025 ou 2025-2026, nalgún grao, máster ou programa de doutoramento da Universidade da Coruña. 

 

Os estudantes poderán participar de forma individual ou colectiva. En caso de participación grupal, todos os membros do equipo deberán cumprir os requisitos. Cada estudante poderá presentar un máximo de duas solicitudes, indepentemente de que sexan individuais ou grupais.

 

Outorgaránse un primeiro premio dotado con 1.200 euros e tres accésits de 300 euros. Os premios estarán suxeitos á retención fiscal correspondente.

 

O solicitante (no caso de participación individual) ou unha persoa de contacto (no caso de participación grupal) deberá realizar a inscrición e o envío da proposta multimedia cubrindo o formulario dispoñible na seguinte ligazón. No caso de que ese mesmo solicitante ou persoa de contacto desexe presentar unha segunda proposta, deberá cubrir o formulario ao que se accede a través desta outra ligazón. Nestes formulario inclúense instruccións para compartir o arquivo do material multimedia a través de Onedrive e para achegar un arquivo cos documentos acreditativos de todos os integrantes do grupo solicitante da súa matrícula nalgun grao, máster ou programa de doutoramento da Universidade da Coruña no curso 2024-2025 ou 2025-2026.

 

Para calquer dúbida ou consulta sobre esta convocatoria contactar na dirección de correo electrónico: catedra.epifaniocampo@udc.es

 

Estas bases estarán dispoñibles na documentación adxunta do formulario e na Web https://www.rodonitamedioambiente.com

Documentación a achegar

Documentación a achegar:

  • Documento acreditativo de matrícula nalgún grao, máster ou programa de doutoramento da UDC no curso 2024-2025 o 2025-2026 (resgardo de matrícula).

Datas

Data de celebración: Do 17/03/2025 ó 17/09/2025

Web oficial

https://www.rodonitamedioambiente.com/actividades-19

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

III Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 17/03/2025 ó 17/09/2025
Horario:
Lugar: Escuela Politécnica de Ingeniería de Ferrol_Coruña