Taller de réxime xurídico dos biorresiduos

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

O obxectivo deste taller é proporcionar aos participantes un coñecemento exhaustivo do réxime xurídico dos biorresiduos, enfocándose nas obrigacións municipais, a compostaxe, o desperdicio alimentario, e o tratamento en entulleiras. Analizaranse tamén os custos de emisións de CO2 e o Proxecto de Lei sobre prevención de perdas e desperdicio alimentario.

 

 

Metodoloxía

O taller desenvolverase mediante sesións online síncronas, que se levarán a cabo a través da plataforma TEAMS. Deseñouse unha metodoloxía combinada para asegurar unha comprensión profunda e práctica dos contidos: 

  • Explicación sistemática e didáctica: Os conceptos básicos presentaranse de maneira clara e estructurada, destacando as implicacións prácticas da normativa.
  • Participación activa: Fomentarase a interacción dos asistentes, permitindo preguntas e discusións en tempo real.
  • Gamificación: Implementaranse actividades lúdicas para repasar e consolidar os coñecementos adquiridos.
  • Píldoras de coñecemento: Videos curtos (aproximadamente 2 minutos) que resumen as ideas principais de cada sesión, facilitando unha comprensión rápida e concisa dos temas tratados.
  • Titoría dinamizada: Cada sesión finalizará cun espacio de titoría onde os alumnos poderán plantexar as súas dúbidas e compartir a súas experiencias.


Destinatarios

  • Responsables políticos e técnicos da Adminitración pública estatal, autonómica e local.
  • Postos de dirección e xestión de empresas e entidades públicas que queiran ter unha visión do marco normativo dos residuos.
  • Avogados.
  • Técnicos e profesionais de sectores afectados pola normativa de responsabilidade ampliada do produtor.
  • Outros axentes públicos e privados implicados na xestión e aplicación da normativa de residuos e economía circular.

 

Materiais Didácticos

Para asegurar unha aprendizaxe óptima, todos os alumnos recibirán:

  • Presentacións utilizadas polos relatores: Material visual complementario ás explicacións dadas.
  • Test de autoavaliación: Probas en lña que os alumnos poderán realizar de forma autónoma para medir a súa comprensión dos temas.
  • Recursos complementarios: Lecturas adicionais e sentencias de referencia para profundar na materia.

As sesións grabaranse e estarán dispoñibles para aqueles que non poidan asistir en directo, garantindo que todos os alumnos teñan acceso ao contido completo do taller.

 

Profesorado

J. José Pernas García.- Profesor titular de Dereito administrativo da Universidad de A Coruña, investigador permanente de ECOBAS, Coordinador de FIREC, coordinador de FOGALEC, membro do Observatorio de Contratación Pública e membro do Observatorio de Políticas Ambientales.

Itziar Sobrino García.- Profesora investigadora posdoctoral na Universidade da Coruña, secretaría técnica de FIREC, colaboradora do Observatorio de Contratación Pública.

 

Nº mínimo de alumnos: 12

 

Custo

60 euros

Desconto de 30% (custo taller 42,00€) para estudantes, desempregados e entidades públicas ou privadas con convenio de colaboración coa aula (actualmente membros da Federación Galega de Municipios e Provincias). Deberase aportar na inscripción o xustificante correspondente para a aplicación do desconto (matrícula, tarxeta desemprego, etc..)

Inscrición múltiple: 210,00 euros no caso de inscribirse e matricularse a tres cursos de 3 horas cada un; ou dous cursos de 3 horas e outros de dous de 2 horas. 

Datas

Data de celebración: Do 21/03/2025 ó 21/03/2025
Data de inscrición: Do 09/12/2024 ó 13/03/2025

Web oficial

https://ec-ius.com/

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 60,00
Tarifa Matrícula con descuento: 42,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Taller de réxime xurídico dos biorresiduos

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 21/03/2025 ó 21/03/2025
Horario: de 9:00 a 11:00 horas
Lugar: Online sincorna/asíncrono
Matrícula: 60,00 €