VI curso sobre a Economía Circular no marco da Axenda Mundial 2030 e o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable Nº 12

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

O Instituto de Medio Ambiente da UDC en colaboración coa "Asociación para a Sustentabilidade e o Progreso das Sociedades" (ASYPS) organiza a sexta edición do curso sobre "A Economía Circular no marco da Axenda Mundial 2030 e o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible nº12", contando co apoio da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible e de Ecoembes.

 

Na actualidade, é esencial que o mundo universitario e empresarial conten con información/fomación adecuada sobre a sustentabilidade do desenvolvemento humano ante o Cambio Global. A humanidade afronta unha gran oportunidade de avanzar cara a novos modos de produción e consumo sostibles.

 

O curso está dirixido a profesionais, licenciados e estudantes que queiran profundar no concepto da Economía Circular para abordar o retos do Desenvolvemento Sostible Global e obter un amplo e rigoroso coñecemento do significado do novo marco de nomenclatura da Economía Circular para abordar os retos do Desenvolvemento Sostible Global, ademais de complementar as súas capacidades curriculares, así como reforzar os programas actuais de estudo sobre estas importantes cuestións que afectan e condicionan a evolución da economía mundial. 
 

Información del curso:

Datas de celebración: venres 15, 22 e 29 de novembro de 2024.

 

Horario: de 9:00 a 14:00 horas.

 

Lugar: Sala de Vistas da Facultade de Dereito. Campus de Elviña, s/n

 

Modalidade: Presencial

 

Duración:

15 horas de sesións presenciaies: 3 xornadas, cada unha cunha duración de 5 horas 

Para a superación do curso requirese a elaboración dun traballo ou memoria final (data límite para a entrega: 20 de diciembro de 2024).

 

Preinscrición e matrícula:

Datas de inscrición e matrícula: del 22 de octubre al 14 de noviembre de 2024 ou ata completar aforo.

 

Importe:

Inscripción xenérica: 50€

Inscrición reducida (desempregados e ex alumnos UDC): 25 €

Alumnos e persoal UDC: Gratuíto

*No caso de estudantes UDC será necesario facilitar o seu correo UDC para acceder ao material do curso na plataforma de Moodle.

 

Nº de plazas: máximo 50.

*Requírese inscrición previa.

 

Estrutura

 

O curso está estruturado en dúas partes:

  1. Unha parte presencial a cargo de profesores da UDC e expertos nas materias abordadas, cun debate participativo de 15 horas de duración distribuido en tres sesións presenciais.
  2. Unha segunda parte consistente na realización dun traballo específico por parte dos alumnos participantes sobre un dos temas do programa oportunamente tutelado e avaliado polos profesores responsables do curso. Para iso, o alumnado disporá de abundante material didáctico sobre as distintas temáticas abordadas nos módulos programados.

 

Avaliación

 

  1. Asistencia a un mínimo das dúas terceiras partes das sesións presenciais. É dicir, das tres sesións presenciais previstas no programa, haberán de xustificarse a asistencia de, polo menos, dúas das tres sesións completas.
  2. Elaboración dun traballo ou memoria final por escrito sobre alguno dos contidos do curso que deberá enviarse á dirección de correo electrónico iuma@udc.es.

Documentación a achegar

  • Resgardo de matrícula, no caso de ser estudantes da UDC.
  • Copia do título ou certificación académica, no caso de antigos alumnos da UDC.
  • Tarxeta demanda, no caso de estar desempregado.
  • Resgardo da nómina, no caso de persoal UDC.

Datas

Data de celebración: Do 15/11/2024 ó 29/11/2024
Data de inscrición: Do 22/10/2024 ó 14/11/2024
Data de matrícula: Do 22/10/2024 ó 14/11/2024

Importes

Tarifa General: 50,00
Tarifa Desempleados y ex alumnos UDC: 25,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

VI curso sobre a Economía Circular no marco da Axenda Mundial 2030 e o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable Nº 12

  Datos
Data: Do 15/11/2024 ó 29/11/2024
Horario: Viernes 15, 22 y 29 de noviembre de 2024 de 9:00 a 14:00 horas
Lugar: Facultad Derecho- Campus Elviña A Coruña