Información xeral
O Curso de Formación Específica de Posgrao en Preparación Física e Readaptación Física no Surf é unha iniciativa deseñada para profesionais experimentados no ensino e adestramento do surf, así como para técnicos deportivos, graduados, estudantes en ciencias da actividade física e do deporte, fisioterapeutas e médicos interesados en perfeccionar os seus coñecementos e habilidades no ámbito do adestramento e preparación física no surf, así como na readaptación física das lesións no devandito deporte.
O propósito fundamental deste curso é capacitar a profesionais especializados na metodoloxía e planificación da preparación física no surf, abarcando non só o ámbito de surfeiros de competición, incluíndo aqueles que enfrontan ondas grandes, senón tamén a surfeiros afeccionados, recreativos e en período de formación.
O curso de formación específica de posgrao está dirixido polos profesores da Universidade da Coruña Joaquín Gómez Varela e Pedro Reimunde Figueira.
Ao completar satisfactoriamente o curso, os participantes recibirán o "Diploma de Formación Específica de Postgrado en Preparación Física y Readaptación Física en el Surf"
Para pre-inscrición e información detallada pódese acceder a través do seguinte link.
De calquera forma, publicamos nesta páxina web información de utilidade sobre o posgrao:
INFORMACIÓN XERAL
- Datas de impartición: desde o 24/03/25 ata o 08/07/25
- Modalidade de impartición: 60% online e 40% presencial (venres pola tarde, sábado mañá e tarde e domingo pola mañá); datas provisionais: 28-30 de marzo, 25-27 de abril, 23-25 de maio e 6-8 de xuño.*1
- Preinscrición: do 14/10/2024 ao 12/12/2024
- Matrícula: do 21/01/2025 ao 14/02/2025
- Importe matrícula:
- Xeral: 900 euros (pago único).
- Bolsa: 450 euros (pago único).
- Lugar de celebración: Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física - UDC (Avenida Ernesto Che Guevara, 121, 15179 Oleiros, A Coruña) e área de surf da praia de Bastiagueiro.
- Avaliación: Dentro das estratexias de avaliacion observaranse unha serie de sistemas de avaliación en relación directa e congruencia coas metodoloxías propostas para os procesos de ensinanza-apredizaxe: avaliación continuada a través da asistencia e participación en clase e mediante probas específicas teórico-prácticas en diferentes formatos (probas tipo test, de opción múltiple, respostas curtas e/ou a desenvolver, resolución de supostos/casos, problemas prácticos, etc.) ou mediante os cuestionarios e tarefas que se plantexan nos diferentes módulos e materias.
- Créditos: 11
- Aulas: 1 grupo
- Nº alumnos: mínimo 20, máximo 50.
- Convenios e apoio institucional: Federación Galega de surf e Federación Española de Surf.
*1 As datas de impartición comunicaránse con suficiente antelación, procederase a súa confirmación durante o período de matrícula.
INFORMACIÓN ESPECÍFICA
- CONTIDOS DO POSGRAO
- Módulo 1. Surf e preparación física: análise deportivo do surf e principios xerais e específicos da metodoloxía e planificación da preparación física e deportiva.
- Análise deportivo da práctica do surf en relación coa preparación física.
- Aspectos xerais da metodoloxía e planificación da preparación física e deportiva.
- Análisis fisiolóxico e biomecánico do esforzo deportivo no surf.
- Aspectos específicos da metodoloxía e planificación da preparación física no surf.
- Módulo 2. Proposta metodolóxica para a preparación física no surf.
- Proposta metodolóxica e planificación da preparación física do surfista en formación (categorías sub-10, sub-12, sub-14, sub-16 y sub-18).
- Proposta metodolóxica e planificiación do aprendizaxe, entretemento e preparación física das manobras con implicación dos xiros e acrobacias.
- Proposta metodolóxica e planificación da preparación física do surfista de competición.
- Proposta metodolóxica e planificación da preparación física do surfista aficionado.
- Valoración funcional, avaliación e control do adestramento e rendemento deportivo no surf.
- Avances e innovación científica, neurocientífica e tecnolóxica aplicados á optimización do rendemento físico e deportivo no surf
- Módulo 3. Surf e saúde: prevención e readaptación física das lesións deportivas no surf como actividade física saudable.
- O surf como actividade física saudable.
- Adestramento de compensación para a mellora do rendemento deportivo e para a prevensión de lesións deportivas do surfista.
- Prevención e readaptación física das principais lesións deportivas do surfista.
- Prevención e tratamento das enfermidades relacionadas coa práctica do surf.
- PROFESORADO
- Pedro Reimunde PhD, MD, PT (profesor UDC).
- Joaquín Gómez PhD (profesor UDC).
- Eduardo Carballeira PhD (profesor UDC).
- Luis Morenilla PhD (profesor UDC).
- José Andrés Sánchez PhD (profesor UDC).
- Sergio Patiño PT (profesor UDC).
- Dan Ríos PhD (profesor colaborador UDC).
- Miguel Moreira PhD (profesor Universidade de Lisboa, PORTUGAL).
- Franz Burini PhD, MD (profesor Universidade de Sâo Paulo, médico especialista en medicina do deporte, BRASIL).
- Guillermo de Castro PhD (profesor Universidade de Cádiz).
- Rafa Sellés (preparador físico e fisioterapeuta da Federación Española de Surf).
- Rubén Francisco PhD (preparador físico de surfistas profesionais, PORTUGAL).
- Pedro Souza PhD (adestrador e preparador físico de surf, BRASIL).
- Uxío Rodríguez (técnico da Federación Galega de Surf e Federación Española de Surf).
- Guillermo Carracedo MD (médico do deporte e surfista profesional).
- Hodei Collazo (CEO Pukas).
- Douglas Hetzler MD (Surfing Medicine International, médico especialista en ORL especializado no oído do surfista, EEUU).
- Lisette Langenberg MD (Surfing Medicine International, médico especialista en traumatoloxía especializado no ombro do surfista, PAÍSES BAJOS).
- Sebastiaan Heitkamp PT (Surfing Medicine International, fisioterapeuta de diversas federacións deportes acuáticos, PAÍSES BAJOS).
- Ognjen Markovic PhD, MD (Surfing Medicine International, médico especialista en oftalmoloxía especializado no ollo del surfista, AUSTRIA).
- Pedro Méndez Obegero (adestrador de surf).
- Darío Rodríguez Matoso PhD (adestrador de surf).
- Daniel Lorenzo “Anfibius” (especialista en apnea).
- Jonan Etxebarría (especialista en salvamento e socorrismo para surfistas).
- Daniel Souto (parasurfer e fundador do movemento "Muy capacitados")
REQUISITOS DE ACCESO
Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:
- Como requisito mínimo profesional e académico para o acceso ao curso consideraránse aqueles aspirantes maiores de idade que teñan o Nivel I do plan de formación na modalidade de surf, regulado na resolución de 7 de febreiro de 2012, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se publica o plan de formación do deporte surf; máis experiencia acreditada como monitor deportivo nun centro ou escola de surf durante un período de tres anos e unha carga de traballo dedicada de polo menos 1000 horas repartidas nun período de 5 anos.
.
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan o número máximo de alumnos previsto, e unha vez acreditados documentalmente os requisitos de acceso, o criterio de selección farase atendendo aos seguintes aspectos, coa consecuente puntuación, para elaborar as listaxes provisionais de admisión:
De fronte ao proceso de selección para o acceso ao curso recorrerase á puntuación obtida como resultado da seguinte fórmula:
Puntuación de acceso = Titulación aportada (en base á proposta anexa por titulación) + media da titulación (media ponderada sen penalizar) + valoración do currículum deportivo (máximo 1 punto)
Con relación á titulación aportada consideranse as siguientes asignacións en puntos:
A) De Licenciatura ou de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
- Licenciatura ou de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte del Grado (5 puntos)
- Primeiro ciclo da Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte ou de Educación Física (3 Puntos)
- 180 créditos de los contidos formativos comuns do título de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (créditos obrigatorios) (2 Puntos)
B) Polo expediente académico da carreira de maestro con especialidade en Educación Física, ou de calquera outra licenciatura, grao ou diplomatura; sempre que se acredite experiencia no ámbito relacionado coa formación en procesos de ensinanza-aprendizaxe ou de entrenamento no surf (3 puntos)
C) Pola dispoñibilidade dalgunha das titulacións do ciclo superior en Formación Profesional, da familia profesional de Actividades Físicas e Deportivas, Técnico Superior en Acondicionamento Físico ou Técnico Superior en Animación Sociodeportiva (2 puntos)
D) Dos Titulados en Ensinanzas deportivas (Lei Orgánica 8/2013, que modifica Lei Orgánica 2/2006, de Educación):maiores de idade que teñan o Nivel I do plan de formación na modalidade de surf, regulado na resolución do 7 de febreiro de 2012, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se publica o plan de formación do deporte surf; máis experiencia acreditada como monitor deportivo nun centro ou escola de surf durante un período de tres 5 anos e unha carga de traballo dedicada de polo menos 1000 horas repartidas nun período de 5 anos. Nivel 2 (1 punto); Nivel 1 (0,5 puntos)
PREINSCRICIÓN
Os alumnos interesados en cursar o postgrao deberán preinscribirse no siguiente
link (sen abono de taxas) desde o 14/10/2024 ata o 12/12/2024, tendo en conta que a data límite deberá ter aporada a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.
No caso de solicitar bolsa, realizaráse todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.
MATRÍCULA
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 900 euros, que o alumno deberá satisfacer nun único prazo establecido desde o 20/01/2025 ao 14/02/2025.
O enlace de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.
SOLICITUDE DE BOLSAS
Existen bolsas do 50% do importe da matrícula (450 euros), que se poderán solicitar desde o 14/10/2024 ata o 12/12/2024.
Para outorgar as bolsas de axuda, seleccionaranse aqueles participantes con maior puntuación no apartado de valoración establecido en base aos seguintes criterios:
- Expediente académico.
- Currículum vitae relacionado co ámbito dos estudos.
- Situación socioeconómica (ingresos, familia numerosa, discapacidade, desemprego núcleo familiar, etc.).
Valoración da situación socioeconómica
Para a asignación das bolsas consideraránse ademais das puntuacións relacionadas co currículum presentado, as obtidas con respecto aos seguintes criterios que se sumarán ás puntuacións do resto de apartados indicados para obter unha puntuación final.
- Declaración da renda inferior a 12.000 (+5 puntos)
- Xustificación de familia numerosa (+5 puntos)
- Certificación de discapacidade (+5 puntos)
- Certificación de situación de desemprego (+5 puntos)
Ao respecto do numero de bolsas que se concederán, procederase do seguinte modo: atendendo a que o número mínimo para a realización do curso será de 20 e o máximo de 50; de modo que se o número de matriculados é superior a 20 alumnos outorgaranse da seguinte forma:
- entre 21 e 30 participantes, 1 bolsa do 50% da matrícula
- entre 31 e 40 participantes, 2 bolsa do 50% da matrícula
- entre 41 e 50 participantes, 3 bolsa do 50% da matrícula
Consultas académicas
Documentación a achegar
DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR CONXUNTAMENTE CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN:
- DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas as caras e que se vexa completo.
- Título de acceso escaneado por ambas as caras, lexible, asinado e que se vexa completo. Será un dos seguintes: copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, título da titulación recoñecida para o acceso ao curso.
- C.V. deportivo ou profesional de acorde cos aspectos expostos ou requiridos para o acceso ao curso.
- Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o posgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.
- Documentación relacionada cos elementos para considerar para a valoración e acceso á bolsa, en caso de aplicar.
SE SOLICITA BOLSA:
- Expediente académico completo, que inclúa nota media.
- Declaración da renda da unidade familiar (menor de 12.000 euros).
- Xustificante de familia numerosa.
- Certificado de discapacidade.
- Xustificante da situación de desemprego do núcleo familiar.
Créditos
Créditos: 11
Datas
Data de celebración: Do 24/03/2025 ó 08/07/2025
Web oficial
https://academica.udc.gal/cowep/control/consultaEPDetalle?entradaPublica=true&idioma=es.ES&codEp=1025&edicion=2
Soporte e máis información
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es
Comparte esta información