XVI Xornadas Prof. Meilán Gil de Derecho Administrativo Iberoamericano

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

XVI Xornadas Prof. Meilán Gil de Dereito Administrativo Iberoamericano

Contratación pública, indicadores de calidade e desenvolvemento humano

 

Edición dun programa formativo destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran coñecer o Dereito Administrativo Iberoamericano.
 
O curso está especialmente configurado para alumnos iberoamericanos vencellados á rama das ciencias xurídicas e sociais.
 
As XVI Xornadas teñen como eixo temático "Contratación pública, indicadores de calidade e desenvolvemento humano". Incluiremos as cuestións de maior actualidade, interese e controversia nos distintos ordenamentos iberoamericanos en relación coa temática das Xornadas, coa finalidade da súa posta en común e de xerar expectativas para un futuro esperanzador no estudo e a aplicación do Dereito Público e a Boa Administración.
 
 
DATOS DE INTERESE
 
  • Datas de celebración: do 5 ao 9 de maio de 2025.
  • Lugar: Pazo de Mariñán en Bergondo (A Coruña) e Facultade de Dereiro (Campus de Elviña) -A Coruña.
  • Horario: de 9:30h a 14:00h e de 16:00h a 19:30h.
  • Modalidade: Presencial.
  • Preinscrición e matrícula:
    • Período de preinscrición: do 18 de novembro de 2024 ao 11 de abril de 2025 (prazo improrrogable).
    • Período de matrícula: do 18 de novembro de 2024 ao 11 de abril de 2025 (prazo improrrogable).
  • Matrículas:

Ordinaria: 500 euros*

*​Inclúe desprazamento en autobús + visita a Santiago de Compostela.

Reducida: 350 euros**

​**Esta matrícula especial recolle só a asistencia ás xornadas.

 

MATRÍCULA

Tras o proceso de preinscrición os/as alumnos/as admitidos/as deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. 
 
O enlace pagamento estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula. 
 
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos/as previsto, o criterio de selección farase atendendo a indicacións do director. Sendo os criterios específicos os seguintes:
 
  1. Terán preferencia os/as alumnos/as con titulación universitaria en Dereito e Ciencias Sociais das Universidades convidas no Programa de Doutoramento DAI.
  2. Currículo profesional vinculado á titulación en Dereito, tanto no ámbito da docencia universitaria como no exercicio profesional.
  3. Realizar previamente o mesmo curso en anteriores edicións.
  4. Valoraranse outras circunstancias e intereses persoais tales como a vinculación académica e profesional co Dereito Administrativo Iberoamericano.
 
COMUNICACIÓNS
As persoas asistentes poderán presentar comunicacións relacionadas coa temática do evento entre o 18 de novembro de 2024 e o 25 de abril de 2025, que serán remitidas a través do seguinte correo electrónico: maria.rodriguez.martin-retortillo@udc.es, a través do cal se lles acusará o recibo dos textos.
 
As comunicacións, que terán unha extensión máxima de 10 páxinas (tipo de letra Arial, 12 puntos, con interlineado sinxelo), adaptaránse ao seguinte formato: 
• Título do traballo, en español e inglés.
• Nome e apelidos do/a autor/a, indicando a súa posición académica e universidade de orixe.
• Breve resumo, en español e inglés.
• Palabras chave, en español e inglés.
• Sumario.
• Corpo do traballo.
• Bibliografía. 
 
O Comité Científico seleccionará as comunicacións que serán presentadas oralmente, puidendo rexeitar un traballo sen necesidade de proceder a súa avaliación, cando considere que non se adapta ás normas, tanto formais como de contido, ou non se adecúa ao perfil temático das Xornadas. 

No proceso de revisión participarán, ao menos, dous membros do Comité Científico, recurrindo a un terceiro no caso de que fose necesario; e en todo momento manterase o anonimato das persoas encargadas da autoría do traballo como da revisión do mesmo. 

De igual forma, o Comité Científico seleccionará as comunicacións que serán publicadas posteriormente no libro de actas correspondente. 
 
INFORMACIÓN DE CONTACTO
  • Director

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Presidente do Foro Iberoamericano de Dereito Administrativo

Catredrático de Dereito Administrativo da UDC

E-mail:  jaime.rodriguez-arana.munoz@udc.es

 

  • Subdirectora e Coordinadora Académica:

Maria del Carmen Rodríguez Martín-Retortillo

E-mail: maria.rodriguez.martin-retortillo@udc.es​                                   

 

  • Contacto para xestión e tramitación de inscrición e abono de matrícula:

Isabel Varela

Teléfono: 881014458

E-mail: i.varelac@fuac.udc.es

Datas

Data de celebración: Do 05/05/2025 ó 09/05/2025
Data de inscrición: Do 18/11/2024 ó 23/04/2025
Data de matrícula: Do 18/11/2024 ó 23/04/2025

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa Ordinaria: 500,00
Tarifa Reducida: 350,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

XVI Xornadas Prof. Meilán Gil de Derecho Administrativo Iberoamericano

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 05/05/2025 ó 09/05/2025
Horario: de 9:30h a 14:00h y de 16:00h a 19:30h
Lugar: Pazo de Mariñán. y Facultad Derecho UDC