Muller, exercicio e deporte nas diferentes etapas do ciclo vital

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

A literatura científica mostra de maneira robusta e consistente os beneficios da actividade e o exercicio físico sobre as diferentes dimensións da saúde. A súa utilidade como ferramenta preventiva e terapéutica en diferentes perfís poboacionais foi evidenciada cientificamente e isto propiciou o desenvolvemento de múltiples iniciativas orientadas a lograr unha sociedade fisicamente máis activa. Neste sentido, no ano 2020 a Organización Mundial da Saúde publica a actualización da súa guía de actividade física e condutas sedentarias, incluíndo por primeira vez referencias concretas para subpoboacións específicas como son as mulleres embarazadas ou durante o postparto, e persoas que viven con enfermidade crónica e/ou discapacidade. 

 

Por todo isto, a IV Xornada, organizada pola Cátedra SXD Galicia Activa, en colaboración coa Xunta de Galicia; Proxecto I+D+I PID2021-124277OB-I00 financiado por MICIU/ AEI/10.13039/501100011033 e por FEDER, UE, centrarase no perfil poboacional da muller, dando así continuidade ás xornadas dos anos anteriores centradas na poboación en idade escolar e nas persoas maiores, e poboacións con necesidades especiais: embarazo, enfermidade crónica e discapacidade, respectivamente.

 

Na xornada, pola mañá, contaremos coa participación de prestixiosos/-as investigadores/-as, que nos achegarán a súa experiencia respecto aos aspectos hormonais e perfil lesional da muller deportista, exercicio na muller embarazada, exercicio físico en muller postmenopaúsica, seguidas dunha mesa redonda onde participarán deportistas galegas olímpicas e/ou paralímpicas, na que os/as asistentes poderán formular preguntas e/ou comentarios. Pola tarde terá lugar un relatorio sobre o abandono da práctica deportiva en mulleres e un taller sobre liderado deportivo feminino. 

 

XORNADA GRATUÍTA!! Se estás interesado/a inscríbete, prazas limitadas!!!

 

PROGRAMA DA XORNADA 

 

RELATORES (consulta o seu cv aquí)

 

Dirixido a: 

  • Estudantes de máster e doctoramiento.
  • Profesores/-as universitarios/-as.
  • Profesionais do exercicio e da actividade física.
  • Profesionais do ámbito sanitario.
  • Público en xeral interesado en asistir.

Día de celebración:  23 de novembro de 2024

Lugar de celebración:  Auditorio Neira Vilas, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela

Horario: de 9:00h a 14:30h e de 16:00h a 19:00h

Modalidade: Presencial

Inscrición: ata o 22 de novembro de 2024 ata as 13:00h.

 

Expediráse certificación acreditativa de asistencia.

Datas

Data de celebración: Do 23/11/2024 ó 23/11/2024
Data de inscrición: Do 05/11/2024 ó 21/11/2024

Web oficial

https://www.fundacion.udc.es/catedra-galicia-activa/

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Muller, exercicio e deporte nas diferentes etapas do ciclo vital

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 23/11/2024 ó 23/11/2024
Horario: de 9:00h a 14:30h e de 16:00h a 19:00h
Lugar: Auditorio Neira Vilas-Cidade da Cultura. Santiago