III Premio Cátedra Hijos de Rivera-UDC á mellor Tese Doutoral en Desenvolvemento Sostible

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvento Sostible, impulsada pola Corporación Hijos de Rivera e a Universidade de A Coruña, ten entre os seus obxectivos fundamentais realizar actividades de investigación desde o ámbito universitario que contribúan ao desenvolvemento sostible da nosa sociedade, e, en particular, pretende fomentar modelos innovadores e disruptivos que garantan o equilibrio entre a competitividade económica, o respeto ao medio ambiente e o avance social. 

 

Por iso convoca a terceira edición do premio Cátedra Hijos de Rivera-UDC á mellor Tese Doutoral en Desenvolvemento Sostible realizada por doutores que obtivesen o seu título da UDC durante os años 2023-2024 mediante a realización dunha tese doutoral nalgunha temática relacionada directamente co desenvolvemento sostible, e que supoña un avance significativo no coñecemento desde campo.

 

Dirixido a

Poderán optar ao premio todas/os aquelas/es doutoras/es, de calquer nacionalidade, que defendesen a súa tese doutoral na UDC con posterioridade ao 31 de octubre de 2022 e con anterioridade ao peche da convocatoria da terceira edición, obtendo a máxima calificación (Sobresainte cum laude).

 

Prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase coa publicación das presentes bases e rematará o 30 de novembro de 2024 ás 24:00 h. O premio estará suxeito á retención fiscal correspondente.

 

Premio

Outorgarase un único premio dotado con 5.000 euros para o autor da tese.

 

Contacto

Para calquer dubida ou consulta as persoas candidatas poderán dirixila ao Xurado da Cátedra a dirección de correo electrónico: comunicación@fuac.es.

No site da Cátedra indicado nestas bases detállanse as formas de contactar coa Cátedra.

 

Director da Cátedra HR-UDC de Desenvolvemento Sostible

José Benito Pérez López

Documentación a achegar

No momento da inscrición(*):

  • Relación de publicacións, comunicacións a congresos e calquer outro tipo de material directamente relacionado coa tese. Indicación individualizada, no seu caso, do cuartil ao que pertencen, o índice de impacto da revista no ano de publicación e o número de citacións.
  • Curriculum vitae.
  • Resumo da tese dun máximo de 4 carillas DinA4.
  • Tese doutoral completa en formato electrónico.

 

No caso de ser finalista:

  • Texto completo da Tese en formato electrónico

*O tamaño máximo dos documentos pdf é de 10Mb.

Datas

Data de celebración: Do 26/09/2024 ó 31/10/2024
Data de inscrición: Do 30/09/2024 ó 30/11/2024

Web oficial

http://www.fundacion.udc.es/catedra-hijosderivera-udc/

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

III Premio Cátedra Hijos de Rivera-UDC á mellor Tese Doutoral en Desenvolvemento Sostible

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 26/09/2024 ó 31/10/2024
Horario:
Lugar: A Coruña