Curso de especialización en dereito dixital e intelixencia artificial do traballo e da seguridade social

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

I Edición do curso de especialización en dereito dixital e intelixencia artificial do traballo e da seguridade social

 

O obxectivo que se pretende co desenvolvemento do curso de formación é o de afondar no coñecemento e análise do impacto da dixitalización e da intelixencia artificial no mundo do traballo. Tanto a intelixencia artificial como os algoritmos, ferramentas características dos tempos que estamos a vivir, son instrumentos valiosos para calquera dos ámbitos sociais nos que nos desenvolvemos, e, polo tanto, tamén para o mundo das relacións laborais. Resulta imprescindible estudar o impacto da dixitalización do traballo no plano colectivo das relacións laborais, así como a incidencia dos algoritmos e a intelixencia artificial no Dereito dixital do Traballo.

 

Asemade, esta actuación formativa comprende os sistemas de regulación do espazo virtual e a xestión algorítmica da relación laboral na empresa, así como o estudo da regulación e dos dereitos relacionados coa protección da intimidade e a desconexión dixital, entre outros.

 

O curso diríxese ao alumnado do Sistema Universitario Galego (sen prexuízo da presencia de alumnado procedente doutras universidades), así como a persoas profesionais que precisan coñecer (ou seguir coñecendo con máis detalle) o Dereito do Traballo e da Seguridade Social aquí aplicábel.

 

INFORMACIÓN DE INTERESE:

Datas de impartición: do 15 de outubro ao 20 de novembro de 2024.

Horario:  martes de 16:30 a 21:00h e mércores de 16:30 a 21:00h

Lugar: Salón de graos da Facultade de Dereito (Campus de Elviña, 15008 A Coruña).

Nº alumnos: 

  • Prazas en modalidade presencial para público residente na provincia da Coruña: 40 prazas.
  • Prazas en modalidade non presencial (ou en liña): 10 prazas (máximo).

Preinscrición e matrícula: 

  • Período preinscrición: do 24 de setembro ao 4 de outubro de 2024*.
  • Matrícula: do 5 de outubro ao 10 de outubro de 2024.

*A admisión será por orde de inscrición.

Importe matrícula: 

  • Modalidade presencial: 30 euros.
  • Modalidade non presencial (ou en liña): 100 euros.

 

Programa: pode descargar o programa en documentacion adxunta.

 

Organización: Consello Galego de Relacións Laborais. Universidade da Coruña.

 

Dirección e secretaría: Xosé Manuel Carril Vázquez e Iván Vizcaíno Ramos, Profesores Titulares de Dereito do Traballo e da Seguridade Social UDC.  

Datas

Data de celebración: Do 15/10/2024 ó 20/11/2024
Data de inscrición: Do 24/09/2024 ó 04/10/2024
Data de matrícula: Do 05/10/2024 ó 10/10/2024

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa Modalidade presencial: 30,00
Tarifa Modalidade non presencial: 100,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Curso de especialización en dereito dixital e intelixencia artificial do traballo e da seguridade social

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 15/10/2024 ó 20/11/2024
Horario: martes de 16:30h a 21:00h e mercores de 16:30h a 21:00h
Lugar: Salón de graos da Facultade de Dereito-UDC