Bolsas Internacionalización Luis Fernández Somoza en programas de mobilidade Erasmus ou internacional 2024-2025

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

A CÁTEDRA “LUIS FERNÁNDEZ SOMOZA” PARA A INTERNACIONALIZACIÓN DOS ESTUDOS DE ECONOMÍA E EMPRESA NA UDC 

CONVOCA

Bolsas de formación para o estudantado da Facultade de Economía e Empresa (FEE) da Universidade da Coruña que estea a cursar graos únicos universitarios ou programas de dobre titulación (graos universitarios) e que participe en programas de mobilidade Erasmus+ ou Bilateral SM de fins de estudo e estudantes en prácticas ou recentemente titulados en prácticas no marco do Programa Erasmus+ SMT durante o curso académico 2024-2025.

 

Convócanse bolsas por 20.000 euros dunha contía individual de 1.000 euros para estancias anuais e de 500 euros para estancias dun cuadrimestre. Reservaranse 10.000 euros para alumnado da 1ª convocatoria, 8.000 euros para alumnado da 2ª convocatoria e 1.000 euros para alumnado da terceira convocatoria. Tamén reservaranse 2 bolsas, cada unha por importe de 500 euros para estudantes en prácticas ou recentemente titulados en prácticas de mobilidade SMT .


Cada candidato/a só poderá presentar unha solicitude a unha universidade de destino.



As mobilidades Erasmus+ e Bilaterais poderán desenvolverse nas Universidades que figuran no obxecto da convocatoria Erasmus+ ou con convenios bilaterais SM ou no caso de mobilidades SMT, ou en empresas ou organizacións estranxeiras que figuran no obxecto da convocatoria  do Programa Erasmus+ SMT .

 

As bolsas serán para estancias no curso académico (2024-2025) e abonarase un 80% no momento da concesión e o 20% restante no momento da finalización segundo os criterios indicados no punto 6 das presentes bases “Criterios e documentación para a Finalización”.

 

Estas bolsas son compatibles e complementarias con outras bolsas que o beneficiario/a puidese obter ou ter obtido para a mesma estancia.

 

Os requisitos para solicitar as bolsas son:
  • Dispor de DNI vixente ou equivalente no momento de tramitar a documentación.
  • Estar matriculado como alumno/a nun grao universitario ou programa de dobre titulación internacional vinculado á Facultade de Economía e Empresa da UDC no curso 2024/2025, no caso de estudantes que participe en programas de mobilidade Erasmus+ ou Bilateral SM de fins de estudo.
  • Estar matriculado como alumno/a nun grao universitario ou programa de dobre titulación internacional vinculado á Facultade de Economía e Empresa da UDC no curso 2024/2025 ou estar recentemente titulado, no caso de estudantes ou recentemente titulados no marco do Programa Erasmus+ SMT.
  • Acreditar o coñecemento de inglés ou idioma nativo do país da universidade ou institución de destino da mobilidade. 

 

O período de inscrición permanecerá aberto ata o 30 de novembro de 2024 (Importante: é necesario cubrir na sección de Beneficiarios do Programa Erasmus+ SMT, no recadro Indica a duración inicial das prácticas, a información correspondente ao período de prácticas, ou en caso de non aplicar, indicar "non aplica").

 

Consulta aquí as bases da convocatoria (fai click aquí).

Documentación a achegar

A documentación que se deberá presentar na fase de inscrición será:

  • DNI ou documento equivalente.
  • Xustificante de estudante ou titulado: será un dos seguintes segundo o caso (copia cotexada do resgardo de matrícula do curso 2024-2025 ou título de acceso ou certificado sustitutorio).
  • Copia cotexada do expediente académico que inclúa a nota media en base a 10 (no caso de recén titulados en prácticas de mobilidade SMT, achegar o expediente académico do útlimo curso académico).
  • Acreditación do coñecemento do idioma inglés ou idioma nativo do país de destino.
  • Carta de aceptación da Universidade de destino e/ou de orixe, empresa ou organización estranxeira.
  • Xustificante da conta bancaria a nome do bolseiro en España para o abono da bolsa.
Importante: o nome dos arquivos a achegar debe ir sen tildes e sen a letra ñ (sustituir por n).

Datas

Data de celebración: Do 01/09/2024 ó 31/08/2024
Data de inscrición: Do 18/07/2024 ó 30/11/2024

Web oficial

https://www.fundacion.udc.es/catedra-fernandez-somoza-udc/

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Bolsas Internacionalización Luis Fernández Somoza en programas de mobilidade Erasmus ou internacional 2024-2025

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 01/09/2024 ó 31/08/2024
Horario:
Lugar: A Coruña