C.E. en Sustentabilidade e Innovación Social

Información xeral

Curso de Experto en Sustentabilidade e Innovación Social (CESIS)

 

A décimo cuarta edición do Curso de Experto en Sustentabilidade e Innovación Social, promovido pola Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade e o Consello Social da Universidade da Coruña (UDC), facilitará a especialización de profesionais dos sectores empresarial, público e non lucrativo e tamén de titulados de diversas disciplinas, en temáticas clave para avanzar no desenvolvemento sostible das sociedades e a responsabilidade social das organizacións.

 

INFORMACIÓN:

  • Datas de impartición: do 10 de xaneiro ao 30 de maio de 2025.
  • Créditos: 25,05 ECTS.
  • Modalidade: Presencial
  • Lugar de celebración: Na aula designada pola Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña. De maneira puntual realizaranse sesións e conferencias en aberto no edificio do Reitorado.
  • Horario: Os mércores e xoves, de 16:00 a 19:30 horas (puntualmente de 16:00 a 21:00 horas).
  • Número de alumnos: Mínimo 15, Máximo 30.
  • Preinscrición: do 3 de outubro ao 25 de novembro de 2024.
  • Matrícula: do 10 a 17 de decembro de 2024.
  • Matrículas:
    • 600€ matrícula ordinaria.
    • 300€ matrícula con bolsa.

 

Pica aquí para acceder á inscrición e matrícula.

 

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

A selección realizarase únicamente sobre as solicitudes de preinscrición que estean completas en canto a documentación requirida á data de peche do prazo de preinscrición. Non se valorarán por tanto as solicitudes incompletas.

  1. Excelencia académica valorada a partir da nota media do expediente académico (40%)
  • Parámetros de valoración:
    • Rendemento académico demostrado durante a etapa de formación universitaria, no que respecta á aprendizaxe de coñecementos técnicos e competencias básicas e específicas.
    • Relación da titulación co ámbito dos estudos.
  • Instrumentos de valoración:
    • Básico. Para medir devandito desempeño, tomarase como referencia básica a nota media do expediente académico da persoa candidata nas titulacións oficiais que presente e acredite debidamente, correspondendo o 25% ás cualificacións do grao/licenciatura e o 15% restante a mestrados oficiais. No caso de presentar máis dun grao terase en conta a media máis alta. No caso dos graos/licenciaturas de ciencias, enxeñerías ou arquitectura incrementarase a media un 25%.
    • Complementario. Valorarase como criterio complementario de mérito a cualificación final obtida en titulacións de posgraduado non oficiais, sempre que se acrediten debidamente e estean aliñadas cos obxectivos específicos do programa.
  1. Coñecemento certificado de inglés como lingua de traballo (20%)
  • Parámetro de valoración: desenvolvemento de destrezas lingüísticas de nivel avanzado, suficientes como para permitir unha comprensión lectora avanzada e unha comunicación fluída, oral e escrita, en contornas académicas ou profesionais.
  • Instrumentos de valoración:
    • Básico. Para medir devandito desempeño, tomaranse como referencia as certificacións de lingua inglesa de carácter oficial presentadas polas persoas candidatas (B1: 5%, B2: 10%, C1: 15% e C2: 20%).
    • Complementario. Valoraranse como criterios complementarios de mérito as certificacións de idioma inglés de carácter non oficial, as certificacións de coñecementos doutras linguas estranxeiras, e a realización de estancias de mobilidade de tipo Erasmus, Leonardo ou similar.)
  1. Excelencia profesional e motivación académica valoradas a partir do currículo e, no seu caso, a partir da entrevista coa dirección do posgraduado (40%)
  • Parámetros de valoración:
    • Experiencia profesional (en empresas, universidades, entidades non lucrativas ou administracións públicas) e actividades académicas e extra-académicas (mobilidade internacional, premios e distincións, servizo á comunidade, voluntariado etc.)/ etc.) evidenciadas no currículo.
  • Instrumentos de valoración:
    • Básico. Para medir devandito desempeño, tomaranse como referencia básica os datos achegados pola persoa candidata no currículo presentado.
    • Complementarios.
      • Motivación para desenvolver con éxito o posgraduado e aliñación das experiencias e expectativas profesionais/aborais cos obxectivos do programa evidenciadas pola información achegada pola persoa candidata na entrevista persoal, no seu caso, coa dirección académica do Curso.
      • Datos complementarios sobre o desempeño profesional, académico e extra-académico, sempre que as persoas candidatas estean en condicións de acreditalos debidamente a requirimento da Cátedra (p.ex. cartas de referencia do empregador da persoa candidata ou do seu supervisor académico).


Os criterios complementarios utilizaranse para dirimir candidaturas comparables que obtivesen a mesma puntuación básica no apartado que corresponda.

 

Priorizarase na matrícula ao estudantado que dispoña do título universitario oficial de graduado/a ou licenciado/a do EEES.

 

AVALIACIÓN:

Serán requisitos para a obtención do Título:

  • Asistencia presencial mínima do 80% sobre unha base do cómputo que comprende a totalidade de horas de carácter presencial do curso: sesións ordinarias, talleres, conferencias, visitas a empresas e sesións de tutorización presencial plenaria e grupal.
  • Participación na elaboración e defensa en equipo do proxecto de aprendizaxe-servizo con cualificación mínima de aprobado.
  • Superar individualmente a proba obxectiva con cualificación mínima de aprobado.

O incumprimento de calquera dos tres requisitos implicará a perda do dereito ao título. Ademais, será requisito para acudir á convocatoria de avaliación (realización da proba obxectiva e da defensa do proxecto de aprendizaxe servizo), alcanzar a asistencia presencial mínima do 80%.

 

A cualificación final resultará da seguinte ponderación:

  • 68,8% cualificación obtida na proba obxectiva por módulos.
  • 31.2% cualificación obtida no proxecto de aprendizaxe-servizo. A cualificación do proxecto será asignada por un tribunal académico en sesión pública de defensa, e avaliaranse tanto os contidos do traballo escrito como a presentación oral (exposición de principais conclusións máis respostas ás preguntas formuladas polo tribunal). A cualificación será a mesma para todos os membros dun mesmo equipo de traballo.


Os resultados obtidos polo alumnado cualificaranse en función da seguinte escala numérica de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que poderá engadirse a súa correspondente cualificación cualitativa:
0-4,9 suspenso (SS), 5-6,9 aprobado (AP), 7-8,9 notable (NT), 9-10 sobresaliente (SB).

 

Con carácter xeral, haberá unha única convocatoria con dúas oportunidades, a asistencia presencial requirida non é recuperable na segunda oportunidade.

 

Con respecto ao artigo 7.4 do Regulamento de Estudos Propios da UDC, dada a curta duración do curso.

 

PREINSCRIPCIÓN:

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse do 3/10/2024 ao 15/11/2024, tendo en conta que o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida*.

 

*No caso de que as persoas candidatas non teñan dispoñible a documentación que xustifica o cumprimento do requisito da titulación de acceso a estudos de posgraduado no momento de solicitar a preinscrición, poderán completar dita solicitude de forma provisional presentando o seu CV no apartado correspondente ao xustificante de titulación. Deste xeito, a súa solicitude de preinscrición poderá ser iniciada de fronte ao proceso de selección. En calquera caso, a admisión e matrícula no CESIS estarán condicionadas á presentación da documentación obrigatoria para poder cursar o estudo, que neste caso é DNI e Título de Grao, o máis axiña posible, para que poida ser validada por parte da FUAC.

 

MATRICULA:

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas da matrícula de 600  euros que poderá abonarse do 6 ao 12 de decembro de 2024.

Dispoñibles bolsas por importe do 50% da matrícula (300 euros) dotadas pola Cátedra Inditex-UDC de Sustentabilidade para entre o 10% e o 40% do alumnado.

 

CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS:

As bolsas están dirixidas prioritariamente a titulados universitarios con potencial de excelencia profesional e que non se atopen traballando durante o período de impartición do curso. Adxudicaranse en función dos seguintes criterios:

 

  • Criterio básico: Excelencia académica valorada a partir da nota media do expediente académico
    • Parámetro de valoración: Rendemento académico demostrado durante a etapa de formación universitaria, no que respecta á aprendizaxe de coñecementos técnicos e competencias básicas e específicas.
    • Instrumentos de valoración: Para medir devandito desempeño, tomarase como referencia básica a nota media do expediente académico da persoa candidata nas titulacións oficiais que presente e acredite debidamente, correspondendo o 80% ás cualificacións do grao/licenciatura e o 20% restante a #máster oficiais. No caso de presentar máis dun grao terase en conta a media máis alta. No caso dos graos/licenciaturas de ciencias, enxeñerías ou arquitectura incrementarase a media un 25%.
  • Criterio dirimente en caso de empate: Coñecemento certificado de inglés como lingua de traballo
    • Parámetro de valoración: desenvolvemento de destrezas lingüísticas de nivel avanzado, suficientes como para permitir unha comprensión lectora avanzada e unha comunicación fluída, oral e escrita, en contornas académicas ou profesionais.
    • Instrumentos de valoración: Para medir devandito desempeño, tomaranse como referencia as certificacións de lingua inglesa de carácter oficial presentadas polas persoas candidatas (B1: 0,5 puntos, B2: 1 punto, C1: 1,5 puntos e C2: 2 puntos).

 

DIRECIÓN ACADÉMICA
Marta Rey García, directora da Cátedra Inditex-UDC de Sostenibilidad.

Créditos

Créditos: 25,05

Datas

Data de celebración: Do 08/01/2025 ó 30/05/2025

Web oficial

https://www.catedrainditex.com/formacion

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

C.E. en Sustentabilidade e Innovación Social

  Datos
Data: Do 08/01/2025 ó 30/05/2025
Horario: Los miércoles y jueves, de 16,00 a 19,30 horas (puntualmente de 16,00 a 21,00 horas).
Lugar: Facultad de Economía y Empresa. Campus de Elviña