Mestrado en Intervención e Coidado Familiar 2024-2026

Información xeral

O Máster de Formación Permanente en Intervención Familiar  é un título propio da Universidade da Coruña. A súa finalidade é capacitar a profesionais de diversos ámbitos nas habilidades e as técnicas de intervención con familias, nenos, nenas e adolescentes e desenvólvese ao longo de dous anos, 2024-2026.

 

O máster ten por obxectivo ensinar como crear unha relación de axuda profesional baseada en construír alianzas terapéuticas coas familias en diferentes ámbitos como a saúde, educación, protección á infancia, servizos sociais, terapia familiar e de parella. O máster ofrece un compendio de técnicas psico-socio-educativas aplicadas para axudar a familias en crises.

 

O máster ten seminarios e talleres intensivos (en sábados alternos). O primeiro ano componse de seminarios e talleres cada 15 días e o segundo ano son 1 vez ao mes. Ademais, durante todo o segundo ano inclúense prácticas que se realizan nun día da semana que o alumnado elixe (5 horas, ben pola mañá ou pola tarde). Estas prácticas poden facerse na propia UIICF (Ferrol), Coruña, Lugo e Pontevedra.

 

INFORMACIÓN

  • Datas de impartición: do 1 de outubro de 2024 ao 30 de setembro de 2026. 
  • Preinscrición e matrícula:
    • Prazo ordinario (xuño/xullo):
      • Preinscrición: desde o 17 de xuño ao 10 de xullo de 2024.
      • Matrícula: desde o 21 ao 29 de xullo de 2024.
    • Prazo extraordinario (xullo/agosto/setembro):
      • Preinscrición: desde o 31 de xullo ao 2 de setembro de 2024.
      • Matrícula: desde o 10 ao 16 de setembro de 2024.
  • Criterios de selección:
  1. Expediente académico.
  2. Outros méritos: valoraráse con 2 puntos unha entrevista persoal previa á matriculación.
  • Créditos: 60 ECTS.
  • Modalidade: Presencial
  • Lugar de celebración: Facultade de Enfermería e Podoloxía. Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF). Edificio 07 Campus de Esteiro - Ferrol. C.P.: 15403.
  • Horario: 
    • Seminarios teóricos: Sábados de 10:00 a 14:00h e de 15:30 a 19:30h.
    • Practicum: Luns de 10:00 a 14:00h e de martes a xoves de 16:00 a 21:00h.
  • Avaliación: 
    • Avaliación teórica:
      • A. Valoración dun resumo comprensivo das lecturas obrigatorias e contidos dos seminarios; realízase ao terminar cada módulo.
      • B. Exame a través dunha análise de caso; é un exame escrito con preguntas para desenvolver sobre un suposto de caso.
    • Avaliación práctica:
      • A. Valoración dun resumo comprensivo despois dos seminarios prácticos e á finalización do módulo de prácticas.
      • B.Valoración dun Vídeo de 10 minutos que realiza cada alumno cunha para superar o Master, o alumnado haberá de superar as seis materias de que consta o curso, cinco de ámbito temático e unha referida ao Traballo Fin de Máster. Para superar as materias de ámbito temático o alumnado deberá superar as probas de que consta (test autoavaliación, recensión e exame cuadrimestral) Para superar o TFM o alumnado deberá entregalo nos prazos establecidos e ser avaliado positivamente polos profesores responsables. Existirá unha segunda oportunidade.
  • Número de alumnos: Mínimo 10, Máximo 25.

 

​Pica aquí para acceder á inscrición e matrícula do Mestrado en Intervención e coidado familiar 2024-2026

 

REQUISITOS DE ACCESO:

Para acceder ao título do Máster é requisito imprescindible dispor dunha titulación de grao (ou licenciatura) no ámbito de saúde, educación, ou social (educación social, enfermería, psicoloxía, psiquiatría, traballo social). 

 

O proceso de selección inclúe unha entrevista persoal previa á admisión definitiva.

 

PREINSCRICIÓN:

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse do 17/06/2024 ao 10/07/2024 (prazo ordinario) ou do 31/07/2024 ao 2/09/2024 (prazo extraordinario), tendo en conta que o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida.

 

MATRICULA:

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas da matrícula de 2.900 euros (1.450 euros por ano). A matrícula pode pagarse fraccionada (mesmo en mensualidades).

 

SOLICITUDE DE BOLSA: 

A Universidade da Coruña ofrece bolsas parciais para a realización do #máster (o número de bolsas será en función do número de alumnos matriculados). 

 

SECRETARIA ADMINISTRATIVA E CONSULTAS ACADÉMICAS:

Directores do curso: Emma Rodríguez Maseda e Valentín Escudero Carranza

Direccción: Facultade de Enfermería e Podoloxía. Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF). ​Edificio 07 (Campus de Esteiro) 15403 - Ferrol

Teléfono: 646102004

E-mail: interfam@udc.es 

Créditos

Créditos: 60

Datas

Data de celebración: Do 01/10/2024 ó 30/09/2026

Web oficial

https://uiicf.net/

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Mestrado en Intervención e Coidado Familiar 2024-2026

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 01/10/2024 ó 30/09/2026
Horario: Seminarios teóricos: Sábados de 10:00 a 14:00 y de 15:30 a 19:30. Practicum: Lunes de 10:00 a 14:00 y de martes a jueves de 16:00 a 21:00h.
Lugar: UIICF (Campus de Esteiro, edif. 07)