Cuarta edición dun posgrao destinado a titulados universitarios que queiran obter unha formación interdisciplinaria orientada a proporcionar as competencias básicas para realizar as tarefas propias do especialista en Atención Temperá.
Baséase nunha perspectiva integral e biopsicosocial, centrada na actividade situada e na relación entre o neno/a e os seus contextos de vida, incluíndo á familia, á escola e á comunidade.
O obxectivo do máster, título propio da Universidade da Coruña, é contribuír á formación de especialistas no ámbito da Atención Temperá e ofrecer vías de formación e actualización aos profesionais en exercicio.
DATAS DE IMPARTICIÓN: do 27 de septembro de 2024 ao 28 de xuño de 2025.
PERÍODOS DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA ORDINARIA (xuño/xullo):
PERÍODOS DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA EXTRAORDINARIA (agosto/setembro):
MODALIDADE: Híbrido (Semipresencial)
LUGAR: Aula 0/5 da Facultade de Ciencias da Educación. Campus de Elviña (A Coruña).
HORARIOS:
Nº ALUMNOS: Mínimo 19, Máximo 25.
CRÉDITOS: 60
REQUISITOS DE ACCESO:
Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das siguientes condicións:
PREINSCRICIÓN:
Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 20/06/2024 ao 15/07/2024 (matrícula ordinaria) ou do 25/08/2024 ao 5/09/2024 (matrícula extraordinaria) tendo en conta que o último día deberá ter achegado a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.
No caso de solicitar Bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.
MATRICULA:
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos (comunicaráselles por mail) deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 2.900 €.
BOLSAS DE MATRÍCULA:
Concederanse dúas bolsas de 1.450€, que cubrirán a metade do custo da matrícula.
Será requisito imprescindible para a solicitude da bolsa acreditar situación de desemprego.
A selección dos beneficiarios da bolsa realizarase en base á nota do expediente académico da titulación de acceso.
SOLICITUDE DE BOLSA:
O alumno interesado en obter a bolsa deberá solicitala no momento da preinscripción e deberá achegar a documentación acreditativa requirida.
A selección dos candidatos efectuaráse por parte da Comisión de Coordinación Académica do Máster.
Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición, que cumpran os seguintes requisitos:
Para a adxudicación das bolsas a Comisión Académica ordenará as solicitudes tendo en conta a puntuación obtida de acordo co seguinte baremo:
AVALIACIÓN:
Para superar o mestrado será necesaria a asistencia ao 80% das clases totais: a realización das prácticas e a elaboración da correspondente memoria e a realización do traballo de fin de mestrado que deberá superar a súa defensa pública. Poderáse plantexar a entrega de traballos e casos de carácter obligatorio ou voluntario.
Consulta o Plan de estudos, profesorado e máis información (pica aquí)
CONTACTO ADMINISTRATIVO E INFORMACIÓN SOBRE PREINSCRICIÓN, BECAS E AXUDAS:
Persoa de contacto: Isabel Varela
Tel: 881 014 458
E-mail: i.varelac@fuac.udc.es
CONTACTO ACADÉMICO:
Directora do curso: Iria Botana Lois
E-mail: iria.botana@udc.es
https://masteratenciontemprana.org/ www.fundacion.udc.es
DOCUMENTACIÓN A APORTAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRIPCIÓN:
1- DNI, pasaporte (para estranxeiros) ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo.
2- Título que da dereito ao acceso, escaneado por ambas caras, lexible, firmado e que se vexa completo. Será un dos seguintes:
3- Expediente académico.
4- C.V.
5- Documentación da bolsa, en caso de aplicar.
Créditos: 60
Data de celebración: Do 27/09/2024 ó 28/06/2025
https://masteratenciontemprana.org/
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es
Mestrado en Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá