Prazo de inscrición pechado.
Prazo de matrícula pechado.
Os talleres de Logical Reasoning and Computation son unha serie de eventos que reunen a colaboradores de varias universidades europeas cun interese común e amplo nas áreas de Lóxica Computacional, Representación do Coñecemento e Razoamento Automático co obxectivo de fomentar a fertilización cruzada en novas ideas e colaboracións de investigación.
OBXECTIVOS
Para esta sexta edición do taller, ademais da presenza habitual dos integrantes do grupo local de investigación IRLab da UDC, a principal motivación é a participación do seguinte grupo de investigadores internacionais que confirmaron a súa asistencia e a impartición de relatorios:
1. Thomas Eiter (Universidad Técnica de Viena, Austria)
2. Torsten Schaub (Universidad de Potsdam, Alemania)
3. Stefania Costantini (Universidad de L’Aquila, Italia)
4. Esra Erdem (Universidad Sabanci, Turquía)
5. Jorge Fandiño (Universidad de Nebraska en Omaha, USA)
6. Yuliya Lierler (Universidad de Nebraska en Omaha, USA)
7. Luis Fariñas del Cerro (IRIT, Toulouse, Francia) (pendente confirmación)
Estes investigadores son de recoñecido prestixio e, como se pode comprobar, abarcan universidades de 6 países distintos. Tres dos investigadores, Thomas Eiter, Torsten Schaub y Luis Fariñas del Cerro, son Fellows de EurAI, A Asociación Europea de Inteligencia Artificial. Ademais, entre as actividades do taller, inclúese a defensa da tese do investigador local Brais Muñiz Castro.
DESTINATARIOS
O taller é unha actividade científica e está aberto a todo tipo de presentacións incluíndo tanto resultados publicados como inéditos, revisións, artigos de posición, temas exploratorios, aplicacións, demostracións, resumos de proxectos, paneis de discusión etc. Trátase dun evento consolidado cuxas edicións previas celebráronse en Madrid, España (2014), A Coruña, España (2015), Toulouse, Francia (2016), A Coruña, España (2018) e Sada, España (2022).
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, espérase fomentar colaboracións cruzadas entre os participantes e planificar futuras publicacións, intercambios de visitas e/o solicitudes de proxectos de investigación.
INFORMACIÓN
PROGRAMA COMPLETO (Pica aquí para consultalo).
ORGANIZADORES E INFORMACIÓN DE CONTACTO
Pedro Cabalar, Universidade da Coruña (España)
Miguel Anxo Pérez, Universidade da Coruña (España)
David Otero, Universidade da Coruña (España)
Web: https://www.dc.fi.udc.es/~cabalar/LRC24/
Documentación a achegar por estudantes:
Data de celebración: Do 25/06/2024 ó 26/06/2024
Data de inscrición: Do 13/06/2024 ó 21/06/2024
Data de matrícula: Do 13/06/2024 ó 21/06/2024
https://www.dc.fi.udc.es/~cabalar/LRC24/
Tarifa oficial: 400,00 €
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es
6th Workshop on Logical Reasoning and Computation