Prazo de inscrición pechado.
Este curso está orientado ao uso instrumental da lingua galega nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe adquirir as competencias do nivel A1 (usuario básico, grao inicial do nivel elemental), dentro dos seis niveis que se distinguen no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
No final do curso, os/as estudantes serán capaces de participar en conversas sinxelas e comprender expresións básicas relacionadas coa súa contorna e coa vida cotiá.
► Para realizar este curso non é necesario ter coñecementos previos de galego.
Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso vigente.
Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.
O público externo debe achegar o seu DNI.
Non se admite domiciliación bancaria.
Data de celebración: Do 23/09/2024 ó 11/12/2024
Data de inscrición: Do 26/08/2024 ó 10/09/2024
Tarifa Estudantado da UDC: 180,00 €
Tarifa Persoal da UDC: 240,00 €
Tarifa Público xeral: 300,00 €
Teléfono de contacto: 881 01 4751 / 4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es
Galego A1