Convocatoria do II PREMIO “GALICIA RENOVABLE” da Cátedra Greenalia-UDC para TFG e TFM sobre Transición Enerxética

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

A Cátedra Greenalia-UDC convoca o II PREMIO “GALICIA RENOVABLE”  para Traballos de Fin de Grao e de Mestrado sobre Transición Enerxética
 
Estes premios pretenden poñer en valor proxectos, propostas, análises ou deseños que desenvolvan directa ou indirectamente algunha das seguintes liñas temáticas de interese da Cátedra:
  • Galicia como rexión enerxética. Análise do papel de Galicia coma consumidora, transformadora e xeradora de enerxía.  
  • Impacto do cambio climático no desenvolvemento económico e social de Galicia. 
  • Solucións de eficiencia enerxética: na industria, na Administración, nas empresas e/ou nos fogares.
  • A xestión dos riscos asociados á actividade enerxética. 
  • Definición e tratamento dos riscos empresariais relacionados co consumo enerxético.
  • Paisaxe e enerxía. Solucións paisaxísticas para a integración dos accesos, das subestacións, evacuacións e das construcións auxiliares das infraestuturas de xeración de enerxía.
 
A participación será gratuíta.
 
Poderá participar o alumnado dunha titulación de grao ou mestrado en calquera das universidades galegas do SUG (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) que presenten o seu traballo de fin de grao (en diante TFG) ou traballo de fin de mestrado (en diante TFM) entre o 27 de setembro de 2023 e o 20 setembro de 2024.
 
Dotación económica
Establécense dúas categorías:
  • Categoría TFM:
    • Premio ao mellor TFM: 1.200 euros.
  • Categoría TFG:
    • 1º Premio: 1.000 euros + Matrícula dun curso académico nun Mestrado que oferte a UDC no curso 2024/2025.
    • 2º Premio: 750 euros + Matrícula dun curso académico nun Mestrado que oferte a UDC no curso 2024/2025.

 

Prazo de entrega e avaliación das candidaturas

O prazo de recepción de solicitudes remata o 31 de xullo de 2024. Ampliado ata o 20 de setembro de 2024.
O xurado avaliará as solicitudes no mes de setembro de 2024. 

Documentación a achegar

Documentación a achegar:

a) Documento xustificativo de ser estudante nalgún grao ou máster dalgunha das tres universidades do SUG (UDC, USC ou UVIGO) no curso 2023/2024. Copia do título ou certificado sustitutorio do título, poderá ser un dos seguintes: documento de solicitude do título selado, certificación académica ou certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título.

b) Copia do Expediente Académico onde conste a efectiva defensa do TFG/TFM.*2

c) Memoria publicable do traballo (TFG ou TFM): memoria resumo, ata un máximo de 25 páxinas DINA4 e/ou 8.000 palabras. Esta “Memoria” publicable non precisa incorporar todos os aspectos formais establecidos pola universidade (resumo en tres idiomas ou relación coa consecución de obxectivos académicos). Valorarase a escritura da memoria en galego, ou acompañar unha versión en galego.*1

Versión íntegra do traballo que se someteu a lectura e cualificación na correspondiente convocatoria de TFG ou TFM

Traballo completo (versión íntegra do traballo que se someteu a lectura e cualificación na correspondente convocatoria de TFG ou TFM).*2

 

*1 Para a elaboración da “Memoria” recoméndase centrarse nun aspecto fundamental do TFG/TFM máis orixinal ou diferencial.

Esta “Memoria” publicable deberá incluír necesariamente:

  • Na portada: os datos de identificación (autoría, título do traballo, titulación),
  • Un primeiro apartado con “Presentación”: onde se xustifique o encaixe do mesmo con algunha das temáticas do Premio. Máximo 2 páxinas.
  • A continuación: un resumo (<250 palabras), 5 palabras clave e unhas conclusións (<350 palabras).
  • A bibliografía non debe superar as 30 referencias (todas elas deben ser citadas no texto).

Recoméndase a seguinte estrutura: Portada-Título; Presentación; Resumo; Índice; Introdución; Materiais e métodos; Resultados e discusión; Conclusións e Referencias. 

*2 Naqueles casos que o traballo presentado se vaia a defender despois do 31 de xullo de 2024, deberá indicalo no formulario e achegar a copia do Expediente Académico onde conste a efectiva defensa do TFG/TFM antes do 20 de setembro de 2024 ás 23:59h.

*3 De non poder dispoñer do TFG ou o TFM en formato pdf, como podería ser o caso de audiovisuais, maquetas, etc. advertirase no formulario e entregarase no formato orixinal do traballo, directamente ou por envío postal á Cátedra Greenalia-UDC na Facultade de Economía e Empresa no Campus de Elviña s/n, CP 15071, A Coruña.

Datas

Data de celebración: Do 20/05/2024 ó 20/09/2024
Data de inscrición: Do 06/06/2024 ó 20/09/2024

Web oficial

https://www.fundacion.udc.es/CatedraGreenaliaTransicionEnergetica/

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Convocatoria do II PREMIO “GALICIA RENOVABLE” da Cátedra Greenalia-UDC para TFG e TFM sobre Transición Enerxética

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 20/05/2024 ó 20/09/2024
Horario:
Lugar: F.E.E. da UDC, Campus de Elviña s/n - A Coruña