Universidade Sénior 2024/2025. 1º de Graduado Sénior Ferrol

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

O título de Graduado Sénior da UDC obtense en catro anos cursando dúas materias obrigatorias e unha optativa en cada un deles. Todas as grandes ramas de coñecemento (ciencias, enxeñaría e arquitectura, artes e humanidades, ciencias sociais e xurídicas, e ciencias da saúde) están presentes no plan de estudos de grao a través das súas materias. Este programa cúrsase nas dúas sedes da Coruña e Ferrol, aínda que con materias distintas.

 

REQUISITOS DE ACCESO:

  • Idade igual ou superior a 50 anos, cumpridos ao 31 de decembro do ano en curso.
  • Atoparse nunha situación laboral non activa: xubilación, prexubilación ou situación asimilada, desemprego ou sen actividade laboral remunerada, no momento de comezo do curso académico na Universidade Sénior (7/10/2024).

 

Non se requiren estudos previos.

 

Aberto un novo prazo de inscrición e matrícula do 10 ao 31 de xullo de 2024. 

 

Importarte: Debido a un cambio nas materias obrigarias, a asignatura de Benestar psicolóxico vaise impartir en 4º en vez de en 1º. E a de Medio ambiente en 1º en vez de en 4º. 

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NOS MESES DE XUÑO, XULLO E SETEMBRO: de 9:00 a 14:00 horas. 

Datas

Data de celebración: Do 07/10/2024 ó 30/05/2025
Data de inscrición: Do 10/07/2024 ó 02/11/2024
Data de matrícula: Do 03/07/2024 ó 02/11/2024

Web oficial

http://www.udc.es/senior/

Importes

Tarifa MATRICULA 145€ (inclue seguro escolar): 145,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881013631
Enderezo electrónico: secretaria.senior.ferrol@udc.es

Comparte esta información

Universidade Sénior 2024/2025. 1º de Graduado Sénior Ferrol

  Datos
Data: Do 07/10/2024 ó 30/05/2025
Horario: Mañá e Tarde
Lugar: Edificio de Apoio ó Estudo. Campus Esteiro