Convocatoria de ayudas para la realización de Trabajos de Fin de Grado e Mestrado

Información xeral

Co obxecto de potenciar o desenvolvemento de Traballos fin de Grao no eido de actuación da Cátedra CICAS, ofrécense mediante a presente convocatoria axudas económicas para a realización de TFG do Grao en Enxeñaría Informática (GEI) ou do Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos (GECD), así como do Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática Informática(MUEI) da Facultade de Informática da UDC. Esta iniciativa lévase a cabo con cargo ao orzamento da cátedra CICAS, financiada pola empresa Sngular.

 

Dotaranse un máximo de 5 axudas.

 

Requisitos:
  • O traballo fin de grao deberá involucrar o desenvolvemento de software. Este software deberá ser liberado baixo unha licenza libre, preferiblemente con licenza Mozilla.
  • O traballo fin de grao deberá ter utilidade de natureza cientifica, resultar de utilidade para o desenvolvemento de labores de investigación cientifica, ou contribuír ao avance no estado-da-práctica en canto ao uso de software no eido cientifico se refire.

 

Características e condicións de desfrute
  • O traballo fin de grao terá que defenderse nalgunha das convocatorias do ano académico 2023/2024
  • As persoas seleccionadas comprométense a mencionar o financiamento recibido por parte da Cátedra CICAS na memoria que depositen para a defensa do seu TFG/TFM.

 

Dotación económica
  • As axudas para a realización do traballo fin de grao serán de 1.200€ cada unha.
  • Transferirase ás persoas seleccionadas un 50% da dotación no momento da concesión da axuda, e o 50% restante despois da xustificación do depósito do traballo fin de grao/mestrado, así como do cumprimento das condicións de desfrute recollidas neste documento.

 

Avaliación das solicitudes
  • A comisión da Cátedra CICAS será a encargada de avaliar e conceder as solicitudes unha vez cumpridos os requisitos reflectidos.

 

Axuda extraordinaria para a difusión aberta de resultados
  • A Cátedra CICAS, outorgará catro axudas extraordinarias de 800€ ás autoras/es de aqueles Traballos Fin de Grao do GEI ou GCED, ou de Traballos de Fin de Mestrado do MUEI que dean como resultado unha presentación ou relatorio aceptado nun evento, workshop ou conferencia cientifica, a fin de sufragar os gastos de rexistro e asistencia da/o estudante á mesma.
  • Para a compensación extraordinaria por difusión de resultados haberá que entregar copia da carta de aceptación do traballo no evento, workshop ou conferencia científica.
  • Estas axudas resolveranse estritamente por orde de solicitude, durante o ano académico 2023/2024.

 

Formalización das solicitudes
  • As solicitudes deberán presentarse a través do correo electrónico da cátedra: catedra.cicas@udc.gal.  Os envíos recibirán confirmación da correcta recepción da inscrición da candidatura.
  • O envío da candidatura supón a aceptación das bases da convocatoria.
  • O prazo para presentar a solicitude comeza o 13 de maio de 2024 e remata o 27 de maio de 2024

Resolución

As comunicacións realizaranse por correo electrónico ás persoas interesadas, e a través da presenza online institucional da cátedra (web).

 

A resolución provisional de solicitudes admitidas publicaranse antes do 3 de xuño de 2024. O prazo de reclamación e reparación será de 2 días hábiles a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar dita publicación.

 

A resolución definitiva publicarase o día 7 de xuño de 2024.

 

Consulta aquí as bases da convocatoria

Documentación a achegar

Para a solicitude destas axudas as persoas solicitantes terán que achegar:
  • Anteproxecto do traballo fin de grao, aprobado pola Comisión Xestora de Traballos fin de Grao da titulación correspondente (GEI ou GCED).
  • Breve currículum (1 folla).
  • Expediente académico.
  • Carta de motivación.
  • Xustificante da conta bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 10/05/2024 ó 31/08/2024

Web oficial

https://catedra-cicas.udc.gal/#/

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Convocatoria de ayudas para la realización de Trabajos de Fin de Grado e Mestrado

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 10/05/2024 ó 31/08/2024
Horario:
Lugar: A Coruña