Convocatoria de axudas para a realización de Traballos de Fin de Grao

Información xeral

Co obxecto de potenciar o desenvolvemento de Traballos fin de Grao no eido de actuación da Cátedra CICAS, ofrécense mediante a presente convocatoria axudas económicas para a realización de TFG do Grao en Enxeñaría Informática (GEI) ou do Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos (GECD) da Facultade de Informática da UDC. Esta iniciativa lévase a cabo con cargo ao orzamento da cátedra CICAS, financiada pola empresa Sngular.

 

Dotaranse un máximo de 4 axudas.

 

Requisitos:
  • O traballo fin de grao deberá involucrar o desenvolvemento de software. Este software deberá ser liberado baixo unha licenza libre, preferiblemente con licenza Mozilla.
  • O traballo fin de grao deberá ter utilidade de natureza cientifica, resultar de utilidade para o desenvolvemento de labores de investigación cientifica, ou contribuír ao avance no estado-da-práctica en canto ao uso de software no eido cientifico se refire.

 

Características e condicións de desfrute
  • O traballo fin de grao terá que defenderse nalgunha das convocatorias do ano académico 2023/2024
  • As persoas seleccionadas comprométense a mencionar o financiamento recibido por parte da Cátedra CICAS na memoria que depositen para a defensa do seu TFG.

 

Dotación económica
  • As axudas para a realización do traballo fin de grao serán de 1.200€ cada unha.
  • Transferirase ás persoas seleccionadas un 50% da dotación no momento da concesión da axuda, e o 50% restante despois da xustificación do depósito do traballo fin de grao.

 

Avaliación das solicitudes
  • A comisión da Cátedra CICAS será a encargada de avaliar e conceder as solicitudes unha vez cumpridos os requisitos reflectidos.

 

Axuda extraordinaria para a difusión aberta de resultados
  • A Cátedra CICAS, outorgará catro axudas extraordinarias de 800€ ás autoras/es de aqueles Traballos Fin de Grao do GEI ou GCED que dean como resultado unha presentación ou relatorio aceptado nun evento, workshop ou conferencia cientifica, a fin de sufragar os gastos de rexistro e asistencia da/o estudante á mesma.
  • Para a compensación extraordinaria por difusión de resultados haberá que entregar copia da carta de aceptación do traballo.
  • Estas axudas resolveranse estritamente por orde de solicitude, durante o ano académico 2023/2024.

 

Formalización das solicitudes
  • As solicitudes deberán presentarse a través do correo electrónico da cátedra: catedra.cicas@udc.gal
  • O prazo para presentar a solicitude comeza o 22 de novembro e remata o 22 de decembro de 2023.

Resolución

As comunicacións realizaranse por correo electrónico ás persoas interesadas, e a través da presenza online institucional da cátedra (web, redes sociais).

 

A resolución provisional de solicitudes admitidas publicaranse antes do 2 de xaneiro de 2024. O prazo de reclamación e reparación será de 2 días hábiles a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar dita publicación.

 

A resolución definitiva publicarase o día 8 de xaneiro de 2024. 

 

Consulta aquí as bases da convocatoria

Documentación a achegar

Para a solicitude destas axudas as persoas solicitantes terán que achegar:
  • Anteproxecto do traballo fin de grao, aprobado pola Comisión Xestora de Traballos fin de Grao da titulación correspondente (GEI ou GCED).
  • Breve currículum (1 folla).
  • Expediente académico.
  • Carta de motivación.
  • Xustificante da conta bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 26/12/2023 ó 31/08/2024

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Convocatoria de axudas para a realización de Traballos de Fin de Grao

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 26/12/2023 ó 31/08/2024
Horario:
Lugar: A Coruña