Formación específica de posgrao en preparación física e readaptación física no surf (2ª Edición 23-24)

Información xeral

O Curso de Formación Específica de Posgrao en Preparación Física e Readaptación Física no Surf é unha iniciativa deseñada para profesionais experimentados no ensino e adestramento do surf, así como para técnicos deportivos, graduados, estudantes en ciencias da actividade física e do deporte, fisioterapeutas e médicos interesados en perfeccionar os seus coñecementos e habilidades no ámbito do adestramento, preparación física e readaptación física de lesións no surf.

 

O propósito fundamental deste curso é capacitar a profesionais especializados na metodoloxía e planificación da preparación física no surf, abarcando non só o ámbito de surfeiros de competición, incluíndo aqueles que enfrontan ondas grandes, senón tamén a surfeiros afeccionados, recreativos e en período de formación.

 

O curso de formación específica de posgrao está dirixido polos profesores da Universidade da Coruña Joaquín Gómez Varela e Pedro Reimunde Figueira.

 

Ao completar satisfactoriamente o curso, os participantes recibirán o "Diploma de Formación Específica de Postgrado en Preparación Física y Readaptación Física en el Surf"

 

Para pre-inscrición e información detallada pódese acceder a través del siguiente link.

 

De calquera forma, publicamos nesta páxina web información de utilidade sobre o posgrao: 

 

INFORMACIÓN XERAL
  • Datas de impartición: desde marzo de 2024 a xuño de 2024.
  • Modalidade de impartición: mixta; aproximadamente 60% en liña e 40% presencial (5 fins de semana presenciais con horarios de venres pola tarde, sábado mañá e tarde e domingo pola mañá; as datas das fins de semana para as clases presenciais son, polo momento, provisionais ata a súa confirmación durante o período de matrícula: 1-3 de marzo, 5-7  e 19-21 de abril, 10-12  e 24-26 de maio).*1 
  • Preinscrición: do 06/11/2023 ao 18/12/2023 
  • Matrícula: do 22/01/2024 ao 12/02/2024
  • Importe matrícula:
    • Xeral: 900 euros (pago único).
    • Bolsa: 450 euros (pago único).
  • Lugar de celebración: Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física - UDC (Avenida Ernesto Che Guevara, 121, 15179 Oleiros, A Coruña) e área de surf da praia de Bastiagueiro.
  • Avaliación: Dentro das estratexias de avaliacion observaranse unha serie de sistemas de avaliación en relación directa e congruencia coas metodoloxías propostas para os procesos de ensinanza-apredizaxe: avaliación continuada a través da asistencia e participación en clase e mediante probas específicas teórico-prácticas en diferentes formatos (probas tipo test, de opción múltiple, respostas curtas e/ou a desenvolver, resolución de supostos/casos, problemas prácticos, etc.) ou mediante os cuestionarios e tarefas que se plantexan nos diferentes módulos e materias.
  • Créditos: 11 
  • Aulas: 1 grupo 
  • Nº alumnos: mínimo 20, máximo 50. 
  • Convenios e apoio institucional: Federación Galega de surf e Federación Española de Surf.

*1 As datas de impartición polo momento son provisionais, no caso de variación comunicaráse con suficiente antelación. Procederase a súa confirmación durante o período de matrícula.

 

INFORMACIÓN ESPECÍFICA
  • CONTIDOS DO POSGRAO
    • Módulo 1. Surf e preparación física: análise deportivo do surf e principios xerais e específicos da metodoloxía e planificación da preparación física e deportiva.
      • Análise deportivo da práctica do surf en relación coa preparación física. 
      • Aspectos xerais da metodología e planificación da preparación física e deportiva.
      • Análisis fisiolóxico e biomecánico do esforzo deportivo no surf. 
      • Aspectos específicos da metodología e planificación da preparación física no surf. 
    • Módulo 2. Proposta metodolóxica para a preparación física no surf.
      • Proposta metodolóxica e planificación da preparación física do surfista en formación (categorías sub-10, sub-12, sub-14, sub-16 y sub-18).
      • Proposta metodolóxica e planificiación do aprendizaxe, entretemento e preparación física das manobras con implicación dos xiros e acrobacias. 
      • Proposta metodolóxica e planificación da preparación física do surfista de competición. 
      • Proposta metodolóxica e planificación da preparación física do surfista aficionado. 
      • Valoración funcional, avaliación e control do entrenamento e rendemento deportivo no surf. 
      • Avances e innovación científica, neurocientífica e tecnolóxica aplicados á optimización do rendemento físico e deportivo no surf
    • Módulo 3. Surf e saúde: prevención e readaptación física das lesións deportivas no surf como actividade física saudable. 
      • O surf como actividade física saudable.
      • Entrenamento de compensación para a mellora do rendemento deportivo e para a prevensión de lesións deportivas do surfista.  
      • Prevención e readaptación física das principais lesións deportivas do surfista.
      • Prevención e tratamento das enfermidades relacionadas coa práctica do surf.

 

  • PROFESORADO
    • Pedro Reimunde PhD, MD, PT (profesor UDC).
    • Joaquín Gómez PhD (profesor UDC).
    • Eduardo Carballeira PhD (profesor UDC).
    • Luis Morenilla PhD (profesor UDC).
    • José Andrés Sánchez PhD (profesor UDC).
    • Sergio Patiño PT (profesor UDC).
    • Dan Ríos PhD (profesor colaborador UDC).
    • Miguel Moreira PhD (profesor Universidade de Lisboa, PORTUGAL).
    • Franz Burini PhD, MD (profesor Universidade de Sâo Paulo, médico especialista en medicina do deporte, BRASIL).
    • Guillermo de Castro PhD (profesor Universidade de Cádiz).
    • Rafa Sellés (preparador físico e fisioterapeuta da Federación Española de Surf).
    • Rubén Francisco PhD (preparador físico de surfistas profesionais, PORTUGAL).
    • Pedro Souza PhD (entrenador e preparador físico de surf, BRASIL).
    • Uxío Rodríguez (técnico da Federación Galega de Surf e Federación Española de Surf).
    • Guillermo Carracedo MD (médico do deporte e surfista profesional).
    • Hodei Collazo (CEO Pukas).
    • David Gómez PT (responsable sección de parasurfing da Federación Española de Surf).
    • Douglas Hetzler MD (Surfing Medicine International, médico especialista en ORL especializado no oído do surfista, EEUU).
    • Lisette Langenberg MD (Surfing Medicine International, médico especialista en traumatoloxía especializado no ombro do surfista, PAÍSES BAJOS).
    • Sebastiaan Heitkamp PT (Surfing Medicine International, fisioterapeuta de diversas federacións deportes acuáticos, PAÍSES BAJOS).
    • Ognjen Markovic PhD, MD (Surfing Medicine International, médico especialista en oftalmoloxía especializado no ollo del surfista, AUSTRIA).
    • Pedro Méndez Obegero (entrenador de surf).
    • Darío Rodríguez Matoso PhD (entrenador de surf).
    • Daniel Lorenzo “Anfibius” (especialista en apnea).
 
REQUISITOS DE ACCESO
Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións: 
  • Como requisito mínimo profesional e académico para o acceso ao curso consideraránse aqueles aspirantes maiores de idade que teñan o  Nivel I do plan de formación na modalidade de surf, regulado na resolución de 7 de febreiro de 2012, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se publica o plan de formación do deporte surf; máis experiencia acreditada como monitor deportivo nun centro ou escola de surf durante un período de tres anos e unha carga de traballo dedicada de polo menos 1000 horas repartidas nun período de 5 anos.
    .
 
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan o número máximo de alumnos previsto, e unha vez acreditados documentalmente os requisitos de acceso, o criterio de selección farase atendendo aos seguintes aspectos, coa consecuente puntuación, para elaborar as listaxes provisionais de admisión: 
 
De fronte ao proceso de selección para o acceso ao curso recorrerase á puntuación obtida como resultado da seguinte fórmula:
 
Puntuación de acceso =Titulación aportada (en base á proposta anexa por titulación) + media da titulación (media ponderada sen penalizar) + valoración do currículum deportivo (máximo 1 punto)
 
Con relación á titulación aportada consideranse as siguientes asignaciñons en puntos:
A) De Licenciatura ou de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
  • Licenciatura ou de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte del Grado (5 puntos)
  • Primeiro ciclo da Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte ou de Educación Física (3 Puntos)
  • 180 créditos de los contidos formativos comuns do título de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (créditos obrigatorios) (2 Puntos)
B) Polo expediente académico da carreira de maestro con especialidade en Educación Física, ou de calquera outra licenciatura, grao ou diplomatura; sempre que se acredite experiencia no ámbito relacionado coa formación en procesos de ensinanza-aprendizaxe ou de entrenamento no surf (3 puntos)
 
C) Pola dispoñibilidade dalgunha das titulacións do ciclo superior en Formación Profesional, da familia profesional de Actividades Físicas e Deportivas, Técnico Superior en Acondicionamento Físico ou Técnico Superior en Animación Sociodeportiva (2 puntos)
 
5) Dos Titulados en Ensinanzas deportivas (Lei Orgánica 8/2013, que modifica Lei Orgánica 2/2006, de Educación):maiores de idade que teñan o Nivel I do plan de formación na modalidade de surf, regulado na resolución do 7 de febreiro de 2012, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se publica o plan de formación do deporte surf; máis experiencia acreditada como monitor deportivo nun centro ou escola de surf durante un período de tres 5 anos e unha carga de traballo dedicada de polo menos 1000 horas repartidas nun período de 5 anos. Nivel 2 (1 punto); Nivel 1 (0,5 puntos)
 
PREINSCRICIÓN
Os alumnos interesados en cursar o postgrao deberán preinscribirse no siguiente link (sin abono de taxas) desde o 06/11/2023 ata o 04/12/2023, tendo en conta que a data límite deberá ter aporada a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo. 
 
No caso de solicitar bolsa, realizaráse todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.
 
MATRÍCULA
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono de las taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 900 euros, que o alumno deberá satisfacer nun único prazo establecido desde o 22/01/2024 ao 12/02/2024. 
 
O enlace de pago estará dispoñible cando se abra o plazo de matrícula.
 
SOLICITUDE DE BECAS
Existen bolsas del 50% do importe da matrícula (450 euros), que se poderán solicitar desde o06/11/2023 ata o 04/12/2023.
 
Para outorgar as bolsas de axuda, seleccionaranse aqueles participantes con maior puntuación no apartado de valoración establecido en base aos seguintes criterios: 
  1. Expediente académico.
  2. Currículum vitae relacionado co ámbito dos estudos.
  3. Situación socioeconómica (ingresos, familia numerosa, discapacidade, desemprego núcleo familiar, etc.).
 
Valoración de la situación socioeconómica
Para a asignación das becas consideraránse ademais das puntuacións relacionadas co  currículum presentado, as obtidas con respecto aos seguintes criterios que se sumarán ás puntuacións do resto de apartados indicados para obter unha puntuación final.
 
  • Declaración da renda inferior a 12.000 (+5 puntos)
  • Justificación de familia numerosa (+5 puntos)
  • Certificación de discapacidade (+5 puntos)
  • Certificación de situación de desemprego (+5 puntos)
 
Ao respecto do numero de bolsas que se concederán, procederase do seguinte modo: atendendo a que o número mínimo para a realización do curso será de 20 e o máximo de 50; de modo que se o número de matriculados é superior a 20 alumnos outorgaranse da seguinte forma: 
 
  • entre 21 e 30 participantes, 1 beca do 50% da matrícula
  • entre 31 e 40 participantes, 2 becas do 50% da matrícula 
  • entre 41 e 50 participantes, 3 becas do 50% da matrícula

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR CONXUNTAMENTE CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN: 

  1. DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas as caras e que se vexa completo. 
  2. Título de acceso escaneado por ambas as caras, lexible, asinado e que se vexa completo. Será un dos seguintes: copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, título da titulación recoñecida para o acceso ao curso.
  3. C.V. deportivo ou profesional de acorde cos aspectos expostos ou requiridos para o acceso ao curso.
  4. Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o posgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.
  5. Documentación relacionada cos elementos para considerar para a valoración e acceso á bolsa, en caso de aplicar.

 

SE SOLICITA BECA:

  1. Expediente académico completo, que inclua nota media.
  2. Declaración da renda da unidade familiar (menor de 12.000 euros).
  3. Xustificante de familia numerosa.
  4. Certificado de discapacidade.
  5. Xustificante da situación de desemprego do núcleo familiar.

Créditos

Créditos: 11

Datas

Data de celebración: Do 01/03/2024 ó 30/06/2024

Web oficial

https://academica.udc.gal/cowep/control/consultaEPDetalle?entradaPublica=true&idioma=es.ES&codEp=1025&edicion=1

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Formación específica de posgrao en preparación física e readaptación física no surf (2ª Edición 23-24)

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 01/03/2024 ó 30/06/2024
Horario: 60% online y 40% presencial (venres pola tarde, sábado mañá e tarde e domingo pola mañá; 1-3 de marzo, 5-7 e 19-21 de abril, 10-12 e 24-26 de maio).
Lugar: Fac. Ciencias Actividad Física y Deporte-Oleiros